André Abeledo Fernández •  Opinión •  07/01/2022

Negacionismo e barbarie.

Negacionismo e barbarie.
O negacionismo non supón ningunha novidade, xa o dixo Albert Einstein: «existen dúas cousas infinitas, o universo e a estupidez humana, e da primeira non estou seguro».
O ser humano tende a buscarlle tres pés ao gato e se deixa levar por discursos e teorías simplonas, dende terraplanistas, ata as teorias sobre o 5G, etc.
Chgamos agora a a teoría de que tódolos países do mundo se teñen posto dacordo por primeira vez na história para enganarnos e facernos crer que existe unha pandemia.
Ou ben que o COVID-19 é un invento das élites que dominan o mundo para dominarnos, e digo eu, si xa dominan o mundo e o controlan todo, ¿para que a pandemia?.
O caso é que agora todo o mundo é experto en epidemias, pandemias e viroloxia.
O caso é que sempre ten habido de todo, pero antes non existían nin Internet, nin la redes sociais e a estupidez non era tan contaxiosa.
Uns son negacionistas por iluminación espontánea e outros simplemente son egoistas sin empatía, nin respeto pola vida propia ou allea.
Algúns confunden a libertade persoal, con as libertades individuais, ou confunden o concepto libertade co vulgar libertinaxe.
O respeto as normas  coas que a sociedade se dota para protexer a vida dos más febles fainos máis ou menos humanos.
Unha sociedade sin empatía termina rexindose poa lei da selva.
¿Que queremos ser como sociedade?.
André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña).

Opinión /