André Abeledo Fernández •  Opinión •  07/03/2023

O 8 de marzo día da muller traballadora, día de loita e homenaxe

O 8 de marzo non é un día de festa, é un día de loita, non é o día da muller, é o día da muller traballadora. O 8 de marzo faise homenaxe as mulleres que loitaron e que loitan pola emancipación da muller e da clase traballadora. 

Porque como o 1 de maio é un día cunha historia detrás que debe coñecerse, é un día de homenaxe aos que loitaron e morreron por conquistar dereitos e liberdades para a clase traballadora, e o mellor xeito de facerlles un homenaxe é seguir a súa loita, a loita de clases segue plenamente vixente. 

Un pouco de historia para entender o porqué do 8 de marzo:

«O 8 de marzo de 1908, un suceso transcendental marcou a historia do traballo e da loita sindical no mundo enteiro: 129 mulleres morreron nun incendio na fábrica Cotton, de Nova York, Estados Unidos, logo de que se declararan en folga con permanencia no seu lugar de traballo.»

O 8 de marzo de 1857, as traballadoras da industria textil coñecidas como “garment workers”, en Nova York, organizaron unha folga para exigir salarios xustos e condicións laborais humanas. Foron brutalmente reprimidas e detidas pola policía.

Dous anos máis tarde, estas mulleres crean o primeiro sindicato de traballadoras desta industria para pelexar polos seus dereitos.

É así como o 8 de marzo de 1908, 51 anos despous, 15 mil mulleres toman as rúas de Nova York esixindo aumento de soldos, menos horas de traballo, dereito ao voto e a prohibición do traballo infantil.

Nesta ocasión utilizaron a consigna “Pan e Rosas”, o pan representaba a seguridade económica e a rosa unha mellor calidade de vida.

O día 28 de febreiro de 1909 celebrouse en todo o territorio de Estados Unidos o Día Nacional da Muller. A data elexida foi o último domingo de febreiro.

No ano de 1910, en Copenhague, Dinamarca celebrouse a II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas na que Clara Zetkin propón a declaración dun día internacional da muller traballadora.

A súa proposta que foi escoitada por un centenar de mulleres procedentes de 17 países a aprobaron por unanimidade ainda que sin acordar unha data concreta.

É así como o ano seguinte, o 19 de marzo de 1911 celebrase a primeira conmemoración en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suiza, que logo extendeuse a moitos outros países.

Ademáis do dereito de voto e de ocupar cargos públicos, se esixiu entón o dereito ao traballo da muller, a formación profesional e a non discriminación laboral.

Dende 1975 a maioría dos países do mundo conmemora o 8 de marzo o Día Internacional da Muller traballadora. Esta data foi establecida pola Asamblea Xeneral das Nacións Unidas, sin embargo sigue sendo pouco coñecida a historia detrás da elección da data para este recordatorio.

Países como Estados Unidos non asume a conmemoración ata 1994 a pesar de que foi ahí onde se deron algúns dos feitos que marcarían a causa da data.

En medio destas loitas reivindicativas unha traxedia marcaría un antes y un despois para a visibilidade das desigualdades das mulleres traballadoras.

O 25 de marzo de 1911 un incendio da fábrica de confección de camisas Triangle Waist Co. De Nova York acaba coa vida de 129 traballadoras textiles, mulleres migrantes na súa maioría de Europa do Este e Italia.

O lume casou a muerte a un total de 146 persoas entre as que estaban as 129 traballadoras e 17 homes, ademáis, deixou un total de 70 feridos.

A maioría das vítimas eran mulleres novas entre os 14 e os 23 anos de idade. A vítima con idade máis avanzada tiña 48 anos.

O incendio comezou as 4:40 da tarde e a traxedia foi peor pola imposibilidade de saír do edificio en chamas, pois os responsables da fábrica de camisas tiñan pechado tódalas portas de acceso as escaleiras.

Ao non poder sair do edifcio en chamas, moitas das traballadoras saltaron dende os pisos octavo, noveno e décimo cara a rúa. 

A maioría das vítimas morreron de queimaduras, asfixia, lesións por impacto contundente ou unha combinación destas causas.

A primera persoa en saltar foi un home, e puidose ver a outro home bicando a unha muller xoven na fiestra antes de que ambos saltaran a morte.

O 8 de Marzo rindese homenaxe as mulleres  traballadoras que loitaron polos seus dereitos como clase traballadora e como mulleres, pois a clase traballadora é la clase explotada, pero a muller sofre unha explotación multiplicada a causa do patriarcado. 

Viva a loita da clase obreira!

Viva a loita da muller traballadora!.


Opinión /