André Abeledo Fernández •  Opinión •  09/10/2022

A gran derrotada na guerra da Ucraína a nivel económico e social é a Unión Europea

O custe da axuda militar non é nada comparado ao custe que van a pagar os pobos de Europa a causa das sancións económicas a Rusia, unhas sancións que pagaremos os cidadáns europeos.

Os dirixentes da UE amosan a súa estupidez, incompetencia, arrogancia, falta de visión e irresponsabilidade cada vez que falan da guerra na Ucraína. Precisamos estadistas e temos un circo de paiasos de terceira. Bocazas millonarios que levan aos pobos a miseria.

Namentres EEUU fai caixa coa guerra en Europa: as ventas suben un 52%.

Cambio de guion no comercio entre EEUU e Europa. A guerra ten disparado as importacións do outro lado do Atlántico. As ventas medran un 52% e o tradicional superávit comercial desvanecese.

¿Enténdese?

Nestes momentos as arbitrarias sancións económicas matan aos pobos, matan en Iraq, en Irán, en Siria, en Cuba, Venezuela, Nicaragua. Sancionase para castigar a homes, mulleres e nenos, a sanos e enfermos, e sempre a clase traballadora. 

Hipocrisía.

A UE tamén lle toca envainala, agora deberían devolver a Venezuela o diñeiro que lle teñen retido en Reino Unido e Europa antes de comezar a falar. Borrell ten chaquetas para ir cambiando según sople o vento, o boca chanclas fará o que os EEUU e a OTAN manden.

Nada dixo Occidente cando o goberno de Zelenski prohibe sair da Ucraína a homes de 18 a 60 anos . Pero poñen o grito no ceo cando Putin pide alistar a 300 mil reservistas e parece que «estan fuxindo todos como ratas». Cando menos Rusia non prohibe sair a ninguén do país, pero resulta que Putin é o autoritario dictador para a UE.

Paradoxicamente os que prohíben un referéndum de autodeterminación e incautan urnas, para logo meter na cárcere aos políticos que querían votar para que o pobo decidise o seu destino, din ser demócratas e acusan de antidemocratas a quenes fan un referéndum. É o mundo ao revés.

Borrell é un imbécil, un boca chanclas capaz de decir estupideces a velocidade da luz, Ursula von der Leyen é menos boca chanclas, se cadra menos imbécil, pero é unha indecente a quen os pobos de Europa lle importan un carallo. Estamos en máns de idiotas e traidores.

A UE está dirixida por personaxes inefables como Borrell ou Ursula von der Leyen, necesitamos estadistas e temos paiasos e traidores, necesitamos idealistas, e temos una panda de vividores que nos levan ao desastre cun sorriso e un discurso delirante chamando a guerra.


Opinión /