Siria como Libia ou Afganistán, outro Estado destruido e entregado ao extremismo Islámico por Occidente
A caída de Siria en mans dos que eran terroristas e mercenarios do Estado Islámico, de Al Qaeda e as súas ramificacións, e hoxe segun a prensa de Occidente son rebeldes, opositores ou revolucionarios, é unha moi mala noticia para a humanidade, Occidente ten entregado outro pobo ao terrorismo islámico contra o que hipócritamente di loitar.
Outro Estado destruido e entregado en mans do extremismo relixioso mais brutal e atrasado, outro pobo devolto a idade media para poder roubar os seus recursos enerxéticos.
Non é a primeira vez, Afganistán Socialista caeu despois de que Estados Unidos participase na organización dos Talibáns, os armase, dese instrucción militar, e os financiase.
Non é a primeira vez que se destrúe un Estado para roubar os seus recursos enerxéticos e a sua riqueza para deixar en mans do terrorismo islámico e os señores da guerra, unha longa lista de víctimas e un mar de sangue como mostra de como actúan temos os casos de Iraq, Libia, Afganistán e agora Siria.
Detrás do terrorismo islámico como ferramenta para destruir todo aquel Estado que non entregue os seus recursos sen condicións están os de sempre, os EEUU, Israel, Reino Unido, Francia, e nesta ocasión, en Siria tamén Turquía e Arabia Saudí.
Non deberían quedar moitas dudas de que os EEUU e os seus satélites son quen arma e financia o terrorismo dos grupos relixiosos radicais en todo o mundo, sen importar o sufrimento que van a provocar, sobre todo a nenas e mulleres que pasan a ser nada mais que mercadurías, escravas, víctimas como en Afganistán.
Siria é outra víctima da avaricia de Occidente e da sua hipocresía.
O conflicto comezou en marzo de 2011, porque así o decidíu Occidente, o mesmo que ten decidido reactivar o conflicto en 2024 para abrir un segundo frente a Rusia e Irán que apoian a Siria contra o terrorismo Islámico nesta guerra, a toma de Damasco por parte dos terroristas e mercenarios do terrorismo islámico é unha derrota para a humanidade.
EEUU os seus satélites e Israel alimentan ao radicalismo Islámico con armas, municións e financiación para conseguir que os ollos do mundo deixen de ver o xenocidio en Palestina e a guerra en Ucrania.
O radicalismo Islámico serve as potencias occidentais no seu xogo xeopolítico para controlar zonas estratéxicas, para seguir provocando guerras de rapiña de recursos, son as guerras por petróleo, litio, coltán, gas, auga, guerras para roubar.
O principal inimigo do “mundo livre”, ou cando menos do que se di. civilizado debería ser a barbarie do Estado Islámico, dos seus mercados de esclavas sexuais violadas en masa por auténticos animais, desas nenas secuestradas, violadas, torturadas e asasinadas, dos Estados Islámicos onde se crucifica, se lapida, se queiman vivas a mulleres que se resisten a sufrir las maiores aberracións, continúan enterrando vivos a quen se resiste, continúan decapitando a todo o que “pense”.
Os países Occidentais son culpables, teñen tumbado ao goberno a calquera prezo e os terroristas do Estado Islámico e Al Qaeda unha ferramenta de destrucción.
O Islamismo radical sirve as potencias occidentais no seu noxento xogo xeopolítico das grandes potencias para controlar zonas estratéxicas, para seguir provocando guerras de rapiña de recursos, son as guerras por petróleo.
A caída da Síria é a sua destrucción, non se abre ningún proceso de esperanza, se abren as portas ao inferno dun Estado destruido, descuartizado, en mans do extremismo Islámico radical e terrorista.
«Cada vez que Estados Unidos ‘salva’ a un país, o deixa convertido nun manicomio ou nun cementerio». Eduardo Galeano
Eso ten pasado en Siria, agora é un cimeterio convertido nun manicomio pola avaricia de Occidente.
O novo Volodymyr Zelensky con barba de Occidente en Siria, líder dunha organización terrorista transformado pola prensa occidental en rebelde opositor, de membro de Al Qaeda a opositor revolucionario según Occidente.
Vense un novo Afganistán en mans do radicalismo integrista islámico grazas a EEUU, Israel, Reino Unido, Francia, Turquía e Arabia Saudí. Occidente está sementando o inferno na terra.
É normal que ningún país do mundo poda sentirse seguro cando se nega a entregar a sua soberanía, os seus recursos, é necesario que se armen para poder defenderse dun Occidente que non ten límites, nin moral, nin ética, nin empatía ou humanidade.
Hoxe máis que nunca con Venezuela e Cuba, con aquelas nacións que continúan enfrontándose ao verdadeiro eixo do mal comandado por EEUU da man de Israel, Reino Unido e Franza.