Refuxiados de primeira, segunda e terceira categoría
En Europa non todos os refuxiados son benvidos, non todos os seres humanos son iguais, non todas as guerras e invasións importan, a raza e a relixión sí importan.
Os refuxiados ucraínos son recibidos cos brazos abertos, pero os sirios, afganos, saharauis, iemenies, etc. Eso vese de outra cor e os medios xa non están preocupados por esa xente de segunda categoría nos estándares europeos racistas e xenófobos.
As caravanas de migrantes que fuxen de guerras, conflictos, genocidios, fames, conflictos e a miseria son innumerábeis, as vexamos ou non na televisión.
Israel e Arabia Saudí realizan guerras de exterminio contra Palestina e o Iemen. Unhas guerras cobardes que contan co silencio cómplice de Occidente. Xenocidios que deberían avergoñar e escandalizar ao mundo, pero que a ninguén parece importarlles.
Catástrofe sobre catástrofe humanitaria en Haití con protestas nas rúas contra os gobernos títeres de EEUU que matan ao seu pobo de fame e o reprime brutalmente.
Caravanas de migrantes en Centroamérica que fuxen das dictaduras impostas dende os EEUU na zona e atópanse co muro da vergoña e o odio sementado por personaxes como Donald Trump.
A ocupación ilegal do Sahara Occidental por parte do exército de Marrocos que obriga a un pobo a vivir exiliado no deserto de Alxeria dende fai máis de 40 anos, tampouco lle interesa fai tempo aos medios de comunicación e polo tanto é invisíbel.
Catástrofes humanitarias en África, Sudán, Somalia, Mozambique, víctimas de catástrofes, guerras e conflictos eternos.
A venta de escravos en Libia, despois de que Francia e EEUU decidisen destruir o Estado libio para roubar os seus recursos e a deixasen en máns de extremistas relixiosos e señores da guerra.
Todo esto e desgraciadamente moito máis, está ocurrindo agora, pero o mundo mira cara outro lado.
O mundo solo ten ollos para a Ucraína porque así o teñen decidido os gobernos e os medios de comunicación e manipulación de Occidente.