Non é o mesmo derogar que matizar. Reforma laboral e lei mordaza.
Non é o mesmo derogar que matizar, a reforma laboral debe ser derogada, o obxetivo debe ser recuperar tódolos dereitos arrebatados as traballadoras e traballadores cunha reforma laboral feita polo PP ao dictado da patronal.
Non podemos admitir desculpas de mal pagador, a reforma laboral do PP foi un ataque a liña de flotación da clase traballadora, fixose a medida dos poderes económicos, fixose sin ter en conta máis intereses cos da patronal e os poderes económicos.
Agora non se trata de buscar un punto intermedio, tratase de recuperar un certo equilibrio entre beneficios económicos e o dereito a dignidade das traballadoras e traballadores.
Un goberno de esquerdas non pode ser un árbitro dun pacto social xa escachado, un pacto social que se rompía o día que a dereita e a patronal decidiron facer un novo marco laboral sin contar coa maioría, cos maioritarios en tódolos sentidos, con a clase traballadora.
Sinto vergoña allena e indignación cando a patronal di que non atopa persoal porque os traballadores non estamos preparados, pois non, para ser escravos nin o estamos, nin o estaremos.
E o mesmo pasa coa lei mordaza, tamén debe de ser derogada, sin matices, nin modernizacions, nin eufemismos. Xa basta de prostituir a linguaxe.
O dereito a folga non pode ser cercenado en democracia, a lexítima protesta non pode ser amordazada.
Que existan leis, como a lei mordaza, que tentan convertir en criminais as traballadoras e traballadores que esixen os seus dereitos e defenden os seus sus intereses, é algo propio de dictaduras, que un traballador poida ser condenado por manifestarse é un ataque directo a todas e todos os traballadores.
O verbo derogar debe ser conxugado con dignidade e de verdade.
André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña).