Non podo coa hipocresía sobre Venezuela
O único pecado de Venezuela é ter as maiores reservas de petróleo do mundo, ademáis do ouro, do litio, e do coltán.
Como persoa que se considera de esquerdas, con conciencia de clase, que intenta comportarse dentro da ética comunista, e polo tanto entende que ten un deber internacionalista, non podo quedarme indiferente diante do ataque constante que dura máis de dúas décadas contra a República Bolivariana de Venezuela.
Non podo gardar silencio diante das sancións inhumanas que tentan pechar rendir a un pobo provocando o desabastecemento de mediciñas, alimentos, gasolina, repostos para a sua industria, e todo aquilo que un país precisa para o bo funcionamiento dunha sociedade, unha estratexia medieval, asediar e rendir por fame a un pobo.
Non podo deixar de sinalar as inxerencias dos EEUU, de Israel, e da UE en Venezuela, o inmoral e hipócrita da posición de Occidente fronte a Venezuela, en comparación a omisión de auxilio ao pobo palestino que é vítima dun xenocidio por parte de Israel, e que conta coa complicidade por acción ou por omisión dun Occidente que ten perdido o dereito de dar leccions a ninguén.
Non podo deixar de criticar a unha oposición venezolana que ten pedido sancións criminais contra o seu propio pobo, que ten sido cómplice do roubo de millons de dólares de todos os venezolanos, que teñen pedido unha intervención militar para masacrar ao seu propio pobo, unha oposición que en calquera país do mundo sería condenada por alta traición a patria.
Un país onde teñen eleccións non é unha dictadura, non hai ningún país no mundo onde ten habido máis eleccións que en Venezuela nos últimos vinte anos.
O sistema electoral venezolano é moderno, fiable, limpo, e un dos máis seguros do mundo, non o digo eu, o din os observadores internacionais que teñen seguido os diferentes procesos electorais en Venezuela.
Me fío da palabra do expresidente de España Zapatero, e doutros como o expresidente dos EEUU Jimmy Carter que teñen dado fé da validez do proceso electoral en Venezuela.
Non me fío de xente como Guaidó, ou María Corina Machado, persoaxes que teñen feito chamamentos continuos a violencia nas rúas es, tentando de provocar golpes de Estado, unha guerra civil, e pedindo intervención militar dos EEUU através do Comando Sur, ou do Israel xenocida de Netanyahu.
A pesar dos insultos, as ameazas, e as presións, seguirei dicindo a verdade, porque hoxe como sempre dicir a verdade é un verdadeiro acto revolucionario.
Entendo que alguen pode estar en desacordo co goberno de Venezuela, un pode ata adversar a Maduro no persoal, polas suas formas, polas suas accións, ou polas suas omisións, é lícito entender que o goberno Bolivariano de Venezuela non o esta facendo ben, cada un ten dereito a opinar, pero dende a verdade.