Todo o noso respeito para a nosa campeona Ana Peleteiro
A Ana Peleteiro os galegos a queremos e a apoiamos, é a nosa mellor deportista, ademais unha loitadora, intelixente e con criterio propio, unha muller de principios e un exemplo de sacrificio.
Voltar a élite tan rápido despois de ser nai ten un mérito enorme, é algo moi difícil que require moito esforzo, digno de respeito e admiración.
Os que temos feito deporte, os que temos competido en atletismo, sabemos que o rendemento nunha competición depende de moitos factores, fisicos e mentais, durmir mal, un catarro, unha molestia estomacal, ou un mal día, poden facer que non consigas un bon rendemento o día máis importante.
Calquer deportista que chega a unha final nunha Olimpiada é un deportista de primeiro nivel, un deportista de élite, un campeón ou campeona, esos que critican a Ana Peleteiro non saben o que é iso.
O nivel de mediocridade e envexa dunha parte dos que a critican, que a saber o que levan feito na súa vida, e de facherio e racismo da outra parte, que é algo ainda mais mediocre e estúpido, faise realmente insufrible.