André Abeledo Fernández •  Opinión •  15/03/2022

Medidas reais e xustas contra as súas us crises, as crises dos oligarcas, as crises que os enriquecen a eles e nos empobrecen a nós.

Si estamos en guerra, si as medidas económicas que teñen tomado contra Rusia nos van a afundir nunha crise sin precedentes, tomen medidas especiales, para protexer a los máis vulnerables.
Control de prezos de combustibles, enerxía, alimentación, medicamentos, e todo o esencial por parte do Estado.
Devolución do prestamo de 68.000.000.000 de euros prestados aos bancos, nacionalización das compañías eléctricas para terminar cos abusos, control de prezos das compañías telefónicas e Internet, medidas reais para defender os intereses da clase traballadora e dos vulnerables.
Ana Botín di que temos que poñer a calefacción a 17°, eso sí seguimos pagando a electricidade a prezo da enerxía máis cara, o gas, cando a maioría proveñen doutras fontes. Para Ana Botín o non querer vivir conxelado esta moi mal, pero a usura esta ben claro.
A UE o gas vaillo vender EEUU moito máis caro, tamén o trigo e os cereais os venderán a prezo de ouro, o petróleo seguirá subindo, e os combustibles, e o transporte de mercadorías que encarecerá a súa vez a cesta da compra. Perdemos os de sempre e gañan eles.
Ao renunciar a soberanía alimentaria, e decidir adicar os montes e os campos a plantar eucaliptos, estábamos sementando o que recollemos, faltan pensos e fertilizantes para a nosa gandería e a nosa agricultura, falta millo, trigo, cebada. Por políticuchos sin patriotismo e visión de futuro renunciamos no seu momento a ter un sector primario con capacidade para abastecer o mercado interno.
Afogar económicamente a Rusia, levar a Rusia a un caleixon sin saida, levanos inexorablemente a un conflicto global e seguramente atómico. ¿Estamos dirixidos por tolos, por irresponsabes, por psicopatas?, parece que non ten ningen ao volante en ningunha parte.
En resumo, esta é unha crise provocada por as medidas dos nosos dirixentes para bloquear económicamente a Rusia, unha vez máis somos os cidadáns os que según os nosos dirixentes debemos apretarnos o cinto e sofrer as consecuencias, como si ese fose o único camiño, e non é verdade, existen outros camiños, que os que rouban ao pobo deixen de facelo.
Cando escoito aos nosos dirixentes, tanto no Estado español, como na UE, falar sobre o conflicto na Ucraína, doume conta do drama que estamos a vivir, estamos en mans de ineptos, estúpidos, charlatans e boca chanclas, nun momento no que precisamos estadistas.
«Qué época tan terrible ésta en que uns idiotas gobernan a uns cegos». )William Shakespeare).
Si hai escasez de alimentos, si chegamos a pasar fame, si aumenta a pobreza e as desigualdades, a culpa non será de Rusia, nin da guerra na Ucraína. A culpa será dun sistema donde as crises as pagamos sempre os mesmos, e duns dirixentes inútiles e irresponsables.

Opinión /