Folga do transporte
A folga do transporte me ten sorprendido para ben, són consciente do difícil que é sacar adiante unha folga e aínda máis cando as plataformas maioritarias do sector e a patronal non a apoian.
Nesta ocasión teñen conseguido que a pesar que non parecía que se desen as condicións obxectivas e subxectivas, e que os medios de comunicación os ignorou dende o principio, sacar adiante unha folga e facerse notar, non deixando aos medios de comunicación máis remedio que comezar a informar.
Outra cousa é que a falta dunha organización político sindical que lle dé unha dirección a protesta, provoca un caos que é contraproducente.
Non pode ser que os pescadores non podan transportar e vender o peixe fresco, ou que os pensos non cheguen as explotacións gandeiras.
Os participantes na folga e os seus convocantes deben buscar unha solución rápida, porque o desabastecemento de productos básicos, ou non ter en conta a necesidade de que certas cousas sigan funcionando, dende hospitais, ata farmacias, pasando polos portos pesqueiros, ou as explotacións gandeiras, tarde ou cedo lles pasará factura as súas reivindicacións.
Porque as reivindicacións poden ser xustas e razoables, pero as protestas deben tamén ser xustas e razoables para non perder a razón, que a teñen.