André Abeledo Fernández •  Opinión •  17/03/2025

MOVISTAR ten beneficios multillonarios e os postes podridos e caendo no rural galego, Anca é un exemplo da deixadez

MOVISTAR manten no rural galego a infraestructura que tiña TELEFÓNICA durante o franquismo, o terceiro mundo o temos na casa os veciños que decidimos quedarnos no rural, o despoboamento é algo que todos din combatir pero ninguén fai realmente nada.

Supoño que non invertindo no rural, e dando un servizo e unhas velocidades de internet máis dunha aldea na África profunda que de un país europeo é máis fácil ter beneficios multillonarios, sobre todo cando o prezo dos servizos e insultante mente caro en relación a calidade do servizo.

Despóis que privatizar TELEFÓNICA como tantas outras empresas públicas que daban beneficios ao Estado e vendela por catro patacóns MOVISTAR mantén no Estado español e sobre todo no rural galego uns servizos malísimos , indignos dun país avanzado e do século en que vivimos.

O mantemento leva décadas sendo inexistente das antigas infraestruturas de TELEFONICA, das que se aproveitan ainda a día de hoxe MOVISTAR sen facer a suficiente inversión nun sector básico para a ciudadanía no século XXI.

A caída dos postes apodrecidos polo tempo e a absoluta deixadez é o exemplo visible, ademais de un perigo para as persoas que poidan pasear pola rúa ou pasar en coche.

Vivimos nun país de pandeireta cheo de irresponsables que só pensan no seu beneficio persoal.

André Abeledo Fernández (Veciño da Fontevella, Anca, Neda)


Opinión /