A xustiza ten que ser xusta e ten que ser útil, ou non é xustiza
Vivimos nun Estado donde os xuíces son un problema engadido ata nunha pandemia, os xuíces fan política e dedicanse a poñer paos nas rodas.
A constitución e o tribunal constitucional estanse amosandobobsoletos e un problema máis que unha solución, as herdanzas dunha dictadura non serven para construir democracia.
O Tribunal Supremo co seu 6 a 5 amosa a súa su división, o seu partidismo, a súa politización, a súa u falta de empatía.
Amósase como un problema, como un órgano que solo representa os intereses dunha parte da sociedade, algo obsoleto que pon negro sobre branco as carencias da xustiza no Estado español.
Nunha Pandemia necesitamos unidade, non é un asunto político, é de sentido común tentar salvar vidas, é de psicopatas poñer obstáculos para provocar o caos.
É vergoñento ver como a ultradereita española, VOX-PP-CIUDADANOS abonanse ó canto mellor peor tamén ca pandemia.
É moi grave que se poña a economía por enriba da vida e do sufrimento das familias.
Pero é terrible que se utilice como arma arroxadiza todo ese sufrimento e que pretendanse poñer paos nas rodas ás medidas para vencer o COVID-19.