André Abeledo Fernández •  Opinión •  18/03/2022

¿Folga ou paro patronal?, o problema é si hai motivos e se poñen solucións.

A folga é un dereito constitucional que non podemos permitir que se poña en entredito por parte de ningen. Os paquetes informativos son unha ferramenta, como os sindicatos son un contrapoder para defender aos traballadores dos abusos e as ameazas da patronal.
Unha «folga» non é un «paro patronal», as «folgas» as fan os traballadores asalariados e os «paros» os fan a patronal.
Tamén hai que distinguir entre empresario e autónomo, moitas grandes empresas se aproveitan dos autónomos para poñer todo o peso dos custos sobre os seus ombros, algo que nestes tempos de crise se fai insostenible para quenes teñen que asumir custos de combustible ou enerxía.
O goberno quere atallar o «paro» do transporte reunindose coas plataformas maioritarias, cando esas plataformas non teñen convocado a folga.
Algo parecido a cando consideran e venden a CCOO e UGT como os representantes de tódolos traballadores.
Como exemplo en Galiza, sindicato maioritario é a CIG, e en Euskadi CCOO e UGT tampouco son maioritarios.
CCOO e UGT cada día son vistos menos como sindicatos de clase e máis como parte de recursos humanos das empresas, cando non como parte del aparato represor empresarial cando os traballadores esixen os seus dereitos, como por exemplo ocorre en Mercadona, empresa donde son delegado de personal da CIG.
Cando o Goberno di que se reúne cos representantes dos traballadores mente, se reúne cos sindicatos amigos da patronal, CCOO e UGT.

Opinión /