André Abeledo Fernández •  Opinión •  18/06/2020

Temos que votar para botalos.

Feijoo é o responsable das políticas de desmantelamento do sector público galego.

Dende a sanidade, ata a educación sufriron os recortes da Xunta de Galicia gobernada polo PP,  que foron derivando cartos públicos a hospitais privados e escolas concertadas por medio de convenios.

Tamén fixo o mesmo coas residencias de ancianos, o corpo de bombeiros, as garderías, con todo o que podía ser externalizado ou directamente privatizado.

Durante a crise da pandemia do COVID-19 Feijoo mantivose calado, escondido detrás dunhas cifras de mortalidade relativamente boas que poden axudar a enmascarar o seu desastre de xestión.

Os Centros de Atención primaria perderon capacidade de atendemento aos pacientes, dende baixas que non se cubren, ata peche de centros ou contratos en precario para os profesionais da saúde.

Nos hospitais o análisis sería parecido, pero debemos lembrar tamen a falta de camas, o saturamento das urxencias, e as listas de espera case eternas.

A pandemia do COVID-19 demostrou a necesidade dun sector público forte, dunha sanidade pública con medios, con persoal, universal e gratuita. A necesidade dunha escola pública que conte con todolos medios  co financiamento necesarios.

Feijoo e o PP son o exemplo privatizador, de familiares, amigos e caciquismo que Galiza precisa superar canto antes.

Temos que votar para botalos.


Opinión /