A extrema dereita avanza e a esquerda vaise diluíndo. Galiza, Euskadi e Catalunya resisten ao contaxio.
VOX ten executado en Castela e León un ascenso moi preocupante en términos democráticos.
É o maior ascenso da extrema dereita en Europa en eleccións recentes.
Através de pactos contra natura o PP e CIUDADANOS teñen ido branqueando ao fascismo, pero non o fixeron solos, os medios de comunicación tamén son responsables.
Ao contrario de como ocorre en outros países de Europa aquí non ten habido cordón sanitario con respecto a ultradereita.
En Países Baixos, Alemaña ou Italia, as forzas ultraconservadoras teñense desinflado nos últimos comicios. Un escenario que é oposto na Península Ibérica convertindose nunha das excepcións europeas.
A extrema dereita segue avanzando, os que teñen ido liquidando a esquerda para construir espazos de moderación siguense diluíndo.
Cando a xente de esquerdas síntese traizoada, de pouco sirve a chantaxe do «eu ou o caos», que fan os que teñen feito o traballo de deixarnos orfos a nivel político.
Os proxectos persoais que non contan cunha verdadeira militancia activa e viven das redes socias e do espazo que os medios de comunicación queren darlles, cando veñen mal dadas non serven para nada, como moito son unha axencia de colocación.
Pero difícilmente os políticos de profesión que non se guían por motivos ideolóxicos ou de verdadeira transformación social poden ter unha visión xeral e global, a súa é máis unha visión a corto prazo e cun obxetivo de supervivencia persoal no cargo.
Non son crente, non me move a fe, o fai a razón, non vexo motivo para ter fe en persoas cando non a teño nun Deus, os mesías aburrenme e os borregos aínda máis.
Sigo tendo claro que si no campo da esquerda non recuperamos o decurso de clase, si non somos capaces de tomar as rúas, si non somos exemplo consecuente para a clase obreira, si non somos capaces de ocupar o espazo que nos corresponde como única ferramenta útil da clase obreira para defender os seus dereitos e a súa dignidade, entón o fascismo fará o seu traballo.
A ultradereita utilizará o decurso do odio e do medo disfrazándolo de decurso obreiro, de nacionalismo radical, de defensa da soberanía nacional, para dirixir as traballadoras e traballadores no camiño que desexa a oligarquía, cara o matadeiro.
Dende a esquerda non debemos moderar o decurso para ser políticamente correctos, debemos decir verdades como puños e ser vangarda da clase obreira, para elo é necesario participar organizadamente en tódolos movementos sociais e defender coa nosa voz o noso modelo de sociedade baseado na xustiza social con maiúsculas, o socialismo é a única alternativa a barbarie capitalista, a besta fascista.
En tempos de fortalecemento e avance do fascismo necesitamos organizacións de esquerdas que defendan os intereses da clase obreira dun xeito claro e “radical”.
Un radical é unha persoa que vai a raíz do problema e o fascismo é un cáncer que non pode ser curado con medicina non invasiva, ten que ser extirpado antes de que se propague.
“A moderación e as medias tintas son a antesala da traición”. (Che Guevara).
Por outro lado van as nacionalidades históricas donde o tardofranquismo nacional católico de VOX que é o can de guerra do neoliberalismo máis salvaxe non ten cabida, non ten espazo político, nin oo pode ter.
Na Galiza gobernada polo PP de Feijóo, o seu éxito non se basea como equivocadamente pensan en Madrid en ter o PP galego un discurso máis moderado.
Senón en que o PP galego disfrázase dende fai anos de galeguista, ata utiliza a figura dun independentista como Castelao chegando a dar premios co seu nome.
Na Galiza, si Feijóo utilizase o mesmo discurso centralista e antinacionalista de Casado, negando que Galiza é unha nación e menospreciándo abertamente o noso idioma, o PP iria ao carallo como foi VOX.
Ademáis na Galiza o independentismo e o nacionalismo són de esquerdas, non existen pardidos de dereitas nacionalistas como en Euskadi ou Catalunya.
De calquera xeito a idea da «España, unha grande e libre» do Franquismo, o menosprezo e a negación da existencia ao resto das nacións do Estado e dos seus fieitos diferenciales, un idioma propio, unha cultura propia, e unha historia propia, xamais terán cabida na Galiza, en Euskadi ou en Catalunya.
Por ese motivo os pobos do Estado español deben sentirse afortunados de que existan estas nacións irreductibles ante o fascismo.
Porque aquí non pasarán.