André Abeledo Fernández •  Opinión •  20/08/2023

Non hai idiomas de primeira e de segunda categoría

«Si a miña lingua sacude os cimentos do teu estado, eso significa que tes construido o teu estado na miña terra. Musa Anter» 

Galego, euskera, e catalán, non son linguas nacionalistas, son idiomas, son os idiomas matrios de galegos, vascos, e cataláns.

Que o feito de que o noso idioma sexa utilizado no Parlamento, ou en calquera organo ou estamento oficial do Estado cause un debate amosa que o problema o ten España e o españolismo. 

Porque os idiomas non rompen nada, non agreden, os idiomas enriquecen e tódolos idiomas son igual de importantes ao marxe do número de falantes, tódolos idiomas son patrimonio da humanidade. 

Que alguén poda pensar que tratar en pé de igualdade ao galego con respecto ao castelán,  como debería ser, vai a «romper España», eso significa que no seu concepto de España non cabemos todos, e que a súa España é fráxil como o cristal.

Namentres que se entenda que existe un idioma de primeira, o castelán, e outros de segunda ou de tercera categoría, como o gallego, euskera ou o catalán, eso da convivencia entre iguais é tan falso como hipócrita. 

Xa non falemos dos que dende o Parlamento español nos insultan e tentan humillarnos, como o facían en plena dictadura franquista poñendo nos seus xornais aquelo de «non sexa animal fale castelán».

Os que dende o PP ou VOX din que o noso idioma é un dialecto, ou un castelán mal falado, amosando abertamente o seu odio e a súa tremenda ignorancia. 

Así non se constrúe un espazo de convivencia, construese unha cadea de pobos. 

André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña).


Opinión /