André Abeledo Fernández •  Opinión •  21/01/2024

«Suíza busca galegos para traballar na construcción», ese é o titular

É un orgullo ser galego, pero que no pasado e na actualidade o noso pobo teña a necesidade de emigrar para traballar, ou para ter un traballo digno cun salario suficiente é unha desgraza.

Todos temos tido familiares desperdigados polo mundo buscandose a vida, no meu caso que eu saiba, teño tido familia trabllando en Cuba, Brasil, EEUU, Alemania e Suiza.

Ser un pobo de emigrantes, e seguir sendo, cando Galiza es tan rica en recursos en canto a enerxía limpia, pesca, agricultura, gandería, etc, non debería ser motivo de orgullo, senon de enfado, e de consciencia de que durante seculos se teñen feito ou mal as cousas, ou temos sido maltratados.

Deberíamos ter dereito a vivir e traballar na nosa terra, perto da nosa familia, sin ter que emigrar a buscar unha oportunidade dunha vida mellor noutro país.

Pero seguimos sendo a periferia dun país dedicado ao turismo que non ten industria, e ten abandonado o campo.

E seguimos exportando o 40% da enerxía que producimos sin recibir nada a cambio, e sin ter unha industria que precise tantos eólicos nos nosos montes e no noso mar, enerxía para Madrid e para Europa, e despois nos seguimos indo de emigrantes a «romper o lombo», e perder a vida noutro país.


Opinión /