André Abeledo Fernández •  Opinión •  21/10/2021

Traballo e saúde mental

É un auténtico escándalo, unha vergonzosa realidade, a gran cantidade de traballadores e traballadoras que se ven obrigados a medicarse para poder acudir o seu posto de traballo.
Ben sexa por prescripción médica, o aínda más perigoso, automedicandose, moitos traballadores necesitan ansiolíticos ou pastillas para durmir para poder soportar a ansiedade que lles xenera un clima laboral que se lles fai insoportable.
Nunca entenderéi que gaña unha empresa destruíndo la saúde mental dos seus empregados. Ou peor, pode ser que o entenda.
E non estou falando de pequenas empresas con poucos medios, son traballador dunha gran multinacional e conto a realidade que coñezo de primeira man, non falo de ouvidas.
Será que é máis fácil que traballadores que viven con medo renuncien a exercer os seus dereitos, que persoas débiles non teñan forzas para protestar, que realmente a saúde dos traballadores importa moi pouco porque o despedimento é libre e ten moitos traballadores en paro que poden cubrir aos caídos en combate.
Cando se perde a humanidade tamén perdese o  respeto y nos atopamos con que as traballadoras e traballadores seguen tendo máis fame de dignidade que de pan.
As relacións laborais no Estado español sempre teñen sido pouco europeas, refirome a  Europa máis avanzada, aquí sonche máis modelo rumano, con todo o respeto, que de modelo sueco.
Despois os empresarios fanse os sorprendidos cando lles falta man de obra, cando non atopan transportistas, camareiros, traballadores da construcción, etc.
Os empresarios están indignados porque os traballadores pretenden ter un salario e unhas condicións laboráis dignas. Que vergoña, pero que vergoña de empresarios.
André Abeledo Fernández (Delegado de persoal da CIG na Provincia de A Coruña)

Opinión /