A saúde mental e o drama dos suicidios, o terrible síntoma dunha sociedade enferma.
Unha sociedade donde a tasa de mortes por suicidio triplica a das mortes en accidentes de tráfico, é unha sociedade enferma e insana.
Pero cando ademáis esa sociedade dá as costas ó problema e non tenta por tódolos medios de buscar unha solución, xa non sólo é unha sociedade enferma e insana, tamén é unha sociedade sin empatía dirixida por psicopatas.
Non falar do tema e esconder esta dramática situación, non fai que o drama desapareza, esconder os problemas debaixo da alfombra non é unha solución.
Traballadores sobre explotados e cheos de incertidumbre, parados de longa duración sin esperanza, familias endebedadas, destrozadas pola crise, desafiuzamentos, inxustizas e abusos por doquier son o caldo de cultivo da enfermidade física e mental.
A esto debemos sumar os recortes nunha sanidade xa ó límite, unha sanidade donde a saúde mental sempre foi de terceira categoría e unha Pandemia que o ten complicado todo aínda máis.
Agora que supostamente temos un goberno de progreso é hora de apostar por unha sanidade pública de calidade e con recursos, é urxente invertir en saúde mental.
De non facelo, de seguir escondendo e ocultando o problema, o drama dos suicidios e dos enfermos mentais, entón xa non falaríamos dun problema de saúde, senón dun xenocidio encuberto, porque a saúde tamén vai por clases sociais, é o pobre quen non se pode permitir o psicólogo ou o psiquiatra de pago.