As eléctricas chantaxean ao Estado e iso chámase terrorismo de clase.
Namentres na Galiza continúa o expolio colonial en beneficio das multinacionais do sector enerxético.
Un grupo terrorista ten ameazado con seguir cometendo accións e tomando decisións que atentan contra os pobos do Estado español.
As eléctricas españolas ameazan con apagar as súas centrais nucleares ante o plan do Goberno para abaratarnos a luz.
Dito grupo terrorista ameaza con levar a cidadanía a unha situación límite si o goberno non accede as súas pretensións.
O Executivo ten reaccionado decretando quitarlle as enerxéticas o beneficio extraordinario que gaña ó vender a enerxía máis barata de producir (hidráulica e nuclear) ao prezo da máis cara (o gas) porque así está deseñado o mercado. Uns 2600 millóns que eles gañarían e nos pagaríamos, e agora nos os deberíamos aforrar na factura con esta medida de urxencia.
Pero a chantaxe das eléctricas, as trampas, as portas xiratorias que ten levado a exministros e expresidentes aos seus consellos de dirección seguen existindo.
E os consellos de dirección, os bufetes de abogados, e moitos políticos seguen traballando para as eléctricas, defendendo os intereses dunha minoría, sobre os intereses da maioría social que os sofre cada día.
¿Que debería facer un Estado ante semellantes feitos?. O lóxico sería actuar con toda contundencia e sin ningún tipo de miramentos para protexer as vidas da cidadanía e non aceptar a chantaxe dunha organización que estase amosando como criminal.
Dito grupo terrorista opera baixo distintos nomes. Pero en lenguaxe popular se lles coñece como empresas eléctricas e están poñendo a tódolos pobos de xeonllos para conservar os seus privilexios.
Non é admisible a existencia dunhas compañías eléctricas con máis poder que o propio Estado, non é tolerable que un grupo económico de poder poda manexar os fios para poñer o interés xeral ao servizo persoal.
Na Galiza Feijóo ignoróu durante semanas os avisos das eléctricas sobre o valeirado de embalses na escalada de prezos.
As eléctricas deixaron dous embalses ao 15% da súa u capacidade, pero as multas son de calderilla para as multinacionais do sector, e a actitude da Xunta de Galicia é de mirar cara outro lado.
Por outra banda temos a gran estafa dos macro proxectos eólicos. O espolio de recursos que convertirá a Galiza e o sur de Europa. Nun novo “Congo”
Os galegos necesitamos fontes de enerxía que revertan no noso benestar e non mega parques eólicos que están en máns de grandes fondos de inversión.
Exportamos entre o 30 e o 40 por cento da electricidade producida que é fundamentalmente, eólica e hidroeléctrica.
Temos unha potencia instalada de 110.000 MW, picos de consumo de 40.000 MW, e teñen previsto instalar 57.000 MW máis de potencia.
A pregunta sería:
¿para quén e para qué?
Para o pobo galego seguro que non, a resposta está en Madrid e sobre todo en Alemaña e as necesidades da súa industria.
Si fosemos un Estado independente da Unión Europea cumpliríamos cun amplo marxen os obxectivos de producción de renovables marcados.
Ante o abuso, a extorsión e o chantaxe a única resposta é a expropiación, é necesaria a nacionalización dun sector estratéxico que non pode estar en máns de desalmados, especuladores e chantaxistas.