Sempre son tempos difíciles para decirse comunista.
Non é fácil ser comunista nunha sociedade capitalista.
Fai uns seis anos para explicar aos meus fillos que é para min ser comunista daballes la seguinte definición:
Un comunista é unha persoa que pensa que calquera persoa, polo feito de ter nacido ten dereito a unha vida digna e a ter as súas necesidades básicas cubertas, é unha persoa que pensa que a economía ten que estar ó servizo do ser humano e non o ser humano ó servizo da economía, é unha persoa que pensa que tenemos que traballar para vivir e non vivir para traballar, é quen considera que a patria é a clase obreira e quen pensa que a solidariedade, a igualdade, a fraternidade, e a xustiza social son os cimentos dun futuro socialista.
Hoxe sigo pensando exactamente o mesmo.
Sigo entendendo que os comunistas somos internacionalistas, entre outras cousas, porque recoñecemos a existencia de nacións.
Sigo defendendo que pode ser independentista e comunista, o que non se pode é ser comunista e estar contra o dereito de autodeterminación dos pobos.
Outra cousa é antepoñer o feito nacional por enriba da loita de clases ou entender que a loita pola liberación nacional está ó marxen da loita de clases, neste caso existe unha contradicción.
Pero o feito de sentirse parte dun pobo, dunha nación, e de defender o dereito a decidir non é incompatíbel coa militancia comunista consecuente.
É verdade que existen contextos en que o feito nacional pode ser usado pola burguesía para dividir a clase obreira. Pero é un erro plantexar a incompatibilidade de independentismo e comunismo, sobre todo cando o Gobierno de la metrópoli é totalitario.
Parece que non é sinxelo para unha parte da esquerda nacional entender a realidade plurinacional do Estado español. Nesta incomprensión comeza un grave problema de convivencia dentro do Estado.
O Estado español non é unha una nación de nacións, nin é unha una nación. O Estado español é en todo caso unha unión de nacións.
Pero para que exista unidade e coexistencia, ten que existir respeto e comprensión. A unidade ten que ser entre iguais. Non poden existir nacións de primeira e de segunda categoría.
Esta unidade ten que ser voluntaria, debe ser unha unión de nacións libres que deciden camiñar xuntas.
De non ser así o Estado español será sempre máis unha prisión de pobos que a casa de todos, será un Estado fallido.
É preciso abrir un debate necesario sobre o modelo de Estado, República e monarquía, e do dereito de autodeterminación dos pobos dentro do Estado español.
O comunismo sempre ten estado na primeira liña de loita contra o fascismo. É foi quen consiguiu vencelo na Segunda Guerra Mundial.
Todo esto demostra o atinado do análise de V.I. Lenin quen xa nos deixou dito que «o fascismo é o capitalismo en descomposición».
Trás a derrota do fascismo grazas sobre todo ó esforzo e sacrificio da URSS, Bertolt Brecht nos avisaba; “Señores, non estean tan contentos coa derrota de Hitler. Porque ainda que o mundo teñase posto de pé e teña detido ó Bastardo, a Puta que o pariu está quente de novo.”
O capitalismo sempre usa o fascismo como ferramenta represora sementado odio y medo en momentos de conflicto social inminente.
Algo que tamén Bertolt Brecht tiña claro;“Estar contra o fascismo sin estar contra o capitalismo, rebelarse contra a barbarie que nace da barbarie, equivale a reclamar unha parte do terneiro e opoñerse a sacrificalo.”
O comunismo segue a ser o mellor antídoto contra o fascismo.