André Abeledo Fernández •  Opinión •  24/03/2023

Ser militante comunista na Galiza

Como dixo Lenin, «a revolución comeza na casa».

Cando os meus fillos preguntenme, pai que é ser comunista?, contestareilles que é unha persoa que pensa que calquera ser humano polo feito de ter nacido ten dereito a unha vida digna e a ter a súas necesidades básicas cubertas, é una persoa que pensa que a economía ten que estar o servizo do ser humano e non o ser humano a servizo da economía, é unha persoa que pensa que hai que traballar para vivir e non vivir para traballar, é quen considera que a patria e o pobo, e que a solidariedade, a igualdade, a fraternidade e a xustiza social son os cimentos sobre as que temos que edificar unha sociedade mellor, un comunista esta cheo de amor a humanidade e carregado de valores hoxe en día dificiles de atopar, é solidario, honesto, valente, coherente, consecuente co que di e co que fai, é un idealista, utopico e realista, é leal, a súa palabra é de aceiro…ser comunista non é tarefa facil, e moito menos na sociedade capitalista baseada no tanto tes tanto vales, e no buscate a vida e non te metas en lios.

Podese cambiar o mundo a distancia, ou dende o teclado dun computador?, podese transformar a realidade comodamente dende a casa?, é posible facer unha autentica revolución social simplemente votando nas urnas do sistema?…eu digo que NON, que é preciso loitar para vencer, que temos que tomar as rúas, que temos que organizarnos e movilizarnos, digo que chegar as intitucións burguesas non pode ser un fin en si mesmo, si non un medio para transformar a sociedade, manteño que é preciso construir novas ferramentas que nos permitan ir construindo socialismo, que temos que recuperar a conciencia de clase para que a clase obreira sexa consciente da súa propia forza…minten os que din que poden cambialo todo sin facer nada.

Pódese ser independentista e comunista, o que non se pode é ser comunista e estar contra o dereito de autodeterminación dos pobos. 

Outra cousa é antepoñer o feito nacional por enriba da loita de clases ou entender que a loita pola liberación nacional está ao marxe da loita de clases, neste caso existe unha contradición. Pero o feito de sentirse parte dun pobo, dunha nación, e de defender o dereito a decidir non é incompatible coa militancia comunista consecuente.

É verdade que existen contextos en que o feito nacional pode ser usado pola burguesía para dividir a clase obreira. Pero é un erro plantexar a incompatibilidade de independentismo e comunismo, sobre todo cando o Goberno da metrópole é totalitario. Parece que non é sinxelo para unha parte da esquerda nacional entender a realidade plurinacional do Estado español. Nesa incomprensión comeza un grave problema de convivencia dentro do Estado. 

É un erro plantexar a incompatibilidade de independentismo e comunismo, sobre todo cando o Goberno da metrópole é totalitario.

O Estado español non é unha nación de nacións, nin é unha nación. O Estado español é en todo caso unha unión de nacións. Pero para que exista unidade e coexistencia, ten que existir respeto e comprensión. A unidade ten que ser entre iguais. Non poden existir nacións de primeira e de segunda categoría. Esta unidade ten que ser voluntaria, debe ser unha unión de nacións libres que deciden camiñar xuntas.

De non ser así o Estado español será sempre máis unha prisión de pobos que a casa de todos, será un Estado fallido. É preciso abrir un debate necesario sobre o modelo de Estado, República e monarquía e o dereito de autodeterminación dos pobos dentro do Estado español. 


Opinión /