Afganistán outra canallada de EEUU
Cando en 1978 a República Democrática de Afganistán pide axuda a URSS para loitar contra o integrismo Islámico comezou a xestarse o monstro Talibán que goberna en Afganistán despois da retirada dos Ianquis e os seus satélites, incluida España.
A guerra de Afganistán (1978-1992), contra a guerrilla islámica foi o principio do pesadelo para a muller afgana e para o pobo afgano en xeral.
A guerrilla islámica recibiu o apoio dos Estados Unidos, Arabia Saudí, Pakistán e outras nacións occidentais e musulmanas.
Is EEUU financiaron, armaron e axudaron a organizarse ós muyahidines, predecesores dos Talibanes para que loitaran contra o Afganistán Socialista e a URSS.
Hoxe os EEUU deixan Afganistán en mans do monstro Talibán que eles axudaron a crear.
Al Qaeda, o Estado Islámico, o Talibán, Bin Laden, o terrorismo Islámico é un monstruo xestado na Casablanca e Israel que se lles ten ido das mans.
Nunha das fotografías que acompañan a este artículo podemos ver arriba a mulleres no Afganistan socialista nos anos 80. E abaixo a mulleres no Afganistan da OTAN en 2016.
A libertade do socialismo e a libertade que traen os EEUU son ben distintas para a muller afgana.
Agora EEUU e os seus satélites teñen abandonado as afganas e tamén os afganos para que sexan víctimas do Talibán
O Presidente do partido CDU da canciller alemana Anxela Merkel calificóu a retirada das tropas occidentais de Afganistán como a «maior debacle da OTAN».
«Cos talibanes chegando ó poder despois da retirada das tropas da OTAN, é evidente que este compromiso da comunidade internacional non tivo éxito», dixo Armin Laschet nunha reunión a porta pechada do partido demócrata cristián de Alemaña este luns.
“É a maior debacle ten sufrido a OTAN dende a súa fundación, e estamos ante un cambio de época”.
Convén recordar que os talibanes proveñen dos muyahidines que armou e entrenou E.E.U.U. para opoñerse a U.R.S.S., e que incluso aparecían nas películas de Rambo cando eran os “bos”. Acompañou tamén este artículo cunha captura dos fotogramas desta película de propaganda Ianqui.
Tamén din moito a imaxe dun dos últimos vós saíndo de Kabul, Afganistán, cheo ata os topes, pero cuns poucos afortunados cando o comparamos con tódolos que se quedan abandonados a súa sorte.
EEUU invade, destrúe, mata e fuxe deixando un inferno detrás, como Atila, por donde pasa o seu cabalo de guerra xa non volve a medrar a herba en moito tempo.
María Zajárova, a voceiro do ministerio de Relacións Exteriores da Federación de Rusia declarou fai días: «En Afganistán se desenrola unha loita entre dúas forzas e ambas foron creadas por Estados Unidos. O mundo observa con horror o resultado doutro experimento histórico de Washington».
Desgraciadamente o drama de Afganistán pasará uns días nos medios de Occidente que rápidamente os olvidará, pero para o pobo afgano o pesadelo acaba de comenzar unha vez máis.