Personaxes mafiosos e fachas como Rubiales ou Tebas sobran no fútbol e en todas partes, e están no fútbol e en todas partes
Rubiales é a punta do iceberg dos gañanes machistas de Españistan.
Personaxes mafiosos e fachas como Rubiales ou Tebas sobran no fútbol e en todas partes, e están no fútbol e en todas partes, é o problema, que van a seguir estando.
Rubiales, utilizando un símil futbolistico, se ten autoexpulsado, amosando en público a súa faciana máis gañán e machista, pero él é tan solo a punta do iceberg no fútbol, e tamén en moitos outros estamentos de poder.
Outra cousa que me preocupa é que non estou seguro de que si Rubiales non tivese tantos «enemigos perigosos e poderosos», esto estivese pasando, penso que os medios o tivesen tapado, e que habería mamporreros defendendo ao personaxe, e iso xa ten pasado noutros casos, e desgraciadamente seguirá pasando.
Temos a recoñecidos xuíces e xuezas franquistas, misoxinos, homofobos, nacionalcatolicos, clasistas, corruptos, cando un dos principais poderes do Estado, o que interpreta as leis, para supostamente facer «xustiza», permite que ese tipo de xente xulgue, ¿que podemos esperar do resto?.
A tódolos niveis o clasismo, o machismo, a misoxinia, e a intolerancia están instalados no poder.
VOX un partido fascista, machista, misoxino, homofobo, franquista, racista, está no Parlamento sendo u parrido fascista legal, que cabe dentro da constitución, e se lle permite mentir, lanzar bulos, e ademáis se lle dá voz en los medios de comunicación para seguir cuspindo o seu su discurso de odio, e se lle permite facelo tamén en gobernos autonómicos e concellos.
A televisión segue ofrecendo programas que amosan a muller como un obxecto sexual con patas, e o fai nos horarios de maior audiencia.
Nas escolas sigue dándose clases de relixión católica, unha igrexa católica que mantén poder político e económico, que sigue permitindo que osbsus bispos fagan discursos vergoñentos a tódolos niveis, sacando importancia a pederastia, atacando dereitos fundamentais das mulleres, o aborto, a liberdade sexual, ao colectivo LGBTI.
Pero a casilla sigue na declaración sa renda, Caritas segue tendo o poder sobre a esmola aos pobres con diñeiro dos nosos impostos, a igrexa non paga o IBI e matrícula bens que non son seus, etc.
E con estos mimbres, que cesto esperamos que nos saía?, pois un moi feo, e de moi mala calidade, como a nosa democracia.
André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña).
ResponderReenviar |