Nin tanques, nin tanquetas, nin metralletas. Cádiz un novo exemplo de dignidade.
Cando se trata de represión tamén vai por barrios, non é o mesmo no barrio de Salamanca que nunha comarca obreira, non é o mesmo cando sae a pasear a ultradereita, que cando sae a reivindicar os seus dereitos a clase traballadora.
Hoxe temos o exemplo en Cádiz, como tivemos en Ferrolterra, en Vigo, en Sestao, en Gamonal e cada vez que os traballadores saen a defender a súa dignidade, slos seus dereitos, o seu presente e o futuro dos seus fillos.
A tanqueta é un simple exemplo de como os poderosos, as oligarquías, ven a clase traballadora como a un enemigo a batir, a doblegar, a escravizar.
Sonche clase traballadora, fillo e neto de traballadores, que mamou dignidade e exemplo de loita consecuente cando a mal chamada reconversión destruíu o presente e o futuro de toda unha comarca en Ferrolterra.
A folga, a protesta, a loita són as únicas armas das traballadoras e traballadores para enfrontarse a quenes pretenden tratarnos como a seres inferiores, como a simple man de obra, como a cousas.
Os traballadores tenemos dereito a vivir para vivir, a ter familia, a ter dignidade, a non ser usados e exprimidos ata a última gota.
Non queremos vivir para traballar, mellor dito malvivir para traballar, sin dereitos, con medo e reprimidos por leis como la lei mordaza.
Nin tanquetas, nin tanques, nin metralletas poden frear a xusta reivindicación da clase traballadora cando é consciente da súa forza e tamén das súas cadeas.
Soche orgullosa clase traballadora e sintome parte dos máis, dos maioritarios en tódolos los sentidos. O poder teme que todas e todos tomemos conciencia.
Forza para os traballadores do metal en Cádiz, a clase obreira gaditana en loita pola súa u dignidade, polos seus sus dereitos e polo seu futuro.
Só o pobo defende ao pobo.
André Abeledo Fernández (Delegado de persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña).