Volvendo de Venezuela xuramentado coa verdade
Síntome orgulloso de ter ondeando en Venezuela a estreleira, a bandeira da pátria galega en apoio a Venezuela. De estar cando as cousas poñense difíciles ao lado dun pobo hermano, do pobo venezolano.
Xunto con miles de persoas comprometidas coa xustiza e a verdade chegadas dende tódolos rincóns do mundo pode estar presente na xuramentación do Presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, no foro antifascista promovido pola revolución Bolivariana.
Puiden ser testigo da verdade e comprobar persoalmente como os medios Occidentais, os nosos gobernos, xunto coa oposición venezolana minten do xeito máis hipócrita e descarado sobre o que realmente ocurre en Venezuela.
Non se trata de negar os problemas e as dificultades que enfrenta a revolución Bolivariana, o pobo venezolano, por causa das sancións, os bloqueos, as inxerencias, as mentiras, os tremendos obstáculos que o proceso bolivariano ten que enfrentar para defender a sua independencia e a sua soberanía, tratase de contar a verdad, algo que hoxe como sempre é un acto revolucionario.
Basta de inxerencias extranxeiras, da traición continuada dunha oposición vendepatrias que pide sancións para o seu propio pobo.
Xa está ben de traidores que chaman a golpes de Estado e queren provocar unha guerra civil sangrienta en Venezuela.
María Corina Machado, Edmundo González, e o resto de traidores cómplices do imperialismo son enemigos de Venezuela porque piden unha intervención militar de EEUU, ou de Israel, ou calquera que lles axude a destruir o Estado venezolano e deixe o país en ruinas, sementando de morte e miseria como ten pasado en Iraq, Libia, Siria, e tódolos países que teñen ido disque a «salvar».
Aos autoproclamados «salvadores» de Venezuela importalles o petróleo, o litio, o ouro e o coltán, os recursos de Venezuela e queren destruir o exemplo da revolución Bolivariana.
Edmundo González non foi a Venezuela o día 10 de Xaneiro, Nicolás Maduro Moro foi investido presidente en paz a pesar dos chamamentos a violencia da oposición, dos bulos, das ameazas e as mentiras.
Debemos recordar que Edmundo González fuxíu como un cobarde e un traidor, despóis de negociar o asilo político na embaixada española trás comprometerse a non regresar e aceptar a sua derrota e agora teñen volto a mentir ao pobo venezolano a decir que regresaría.
Edmundo seguirá vivendo a corpo de Rei coa sua família como un Rei no barrio de Salamanca en Madrid.
Quen pide sancións para o seu propio pobo, solicita invasións e fai chamamentos a golpes de Estado, pretenden levar a Venezuela a unha guerra civil, é un traidor e un enemigo do seu propio pobo.
Sonche os que din que a xusticia social é mala e odian o socialismo pero veñen ao Estado Español a quen acusan de socialcomunista por ter servizos públicos, según esta xente da dereita americana toda Europa é comunista, ese é o seu nivel.
Milei é o exemplo da barbarie capitalista que non precisa de bloqueos, nin de sancións para destruir e vender un país, define a xusticia social como terrorista e defende o capitalismo salvaxe onde os enfermos pobres non teñen acceso aos medicamentos, a sanidade, a educación, e incluso a comida.
A oposición venezolana está apoiada por Milei, Netanyahu, Israel sionista, EEUU demócratas y republicanos, Abascal, Felipe González, Aznar, Ayuso Feijóo…toda a ultradereita, os xenocidas de Palestina, toda esa xente apoia ao exparamilitar Edmundo González e a vendepatrias María Corina Machado.
En ocasións un sabe onde estar vendo a quen ten enfrente.
Os que temos estado en Venezuela coñecemos a verdade e nos temos xuramentado o día 10 de Xaneiro coa revolución Bolivariana de Venezuela.