Unha muller de 97 anos segue a esperar por a axuda a dependencia namentres Rueda di que non precisa 4000 millóns de euros para a Xunta de Galicia
A miña aboa con demencia, postrada na cama fai anos, unha persoa que precisa axuda para comer, para beber, para absolutamente todo.
A miña aboa continúa como moitos outros galegos agardando pola axudiña de 5000 euros de pago único anual que ten anunciada a Xunta de Galicia para axuda a dependencia, unha axuda insuficiente, pero que tamén para moitas familias vai ser inexistente porque con as demoras a axuda vai chegar cando a persoa xa teña falecido.
Polo que me comentan no concello, a espera media para a resolución da Xunta sobre o pago da axuda vai en máis dun ano de lista de espere.
Namentres estan decidindo si a situación da miña aboa e suficientemente grave, eso unha vez entregada toda a información, co informe médico fai meses xunto con toda a documentación que pide a Xunta foi entregada nos servizos sociais.
Pensó que simplemente vendo a data de nacemento da miña aboa, nada un 17 de Abril de 1927 debería ser suficiente para recibir a axuda con urxencia.
Pero ainda con máis urxencia falando dunha muller de 97 anos cun informe médico que fala da súa moi delicada saúde, da demencia, e da sua situación de persoa encamada e totalmente dependente de ter alguén 24 horas atento as súas necesidades.
Mais a Xunta de Galicia tómase o seu tempo, eso segue en Santiago de Compostela na mesa dalgún funcionario.
Danos a impresión de que esperan que morra a miña aboa, como tantos outros, antes de receber ningunha axuda, porque con 97 anos é leí de vida morrer, e con todas as súas doenzas o difícil e seguir viva e vivir con dignidade, falamos dunha muller que non chega aos 1000 euros ao mes pois sempre traballou no campo.
A miña aboa chámase Josefa Calvo Rodríguez, naceu un 17 de Abril de 1927, traballou toda a súa vida no campo e na casa, coas vacas, facendo queixos, vendendo flores, pagou a agraria e vive con pouco dende fai xa case un século, con todo parece que non merece a atención da Xunta de Galicia.
O presidente da Xunta de Galicia Rueda o di agora que non precisa dos 4000 millóns de euros para a Galiza que lle correspondes por condenación de deuda do Estado central, mais a miña aboa fai anos que precisa dunha pequena axuda, como mínimo deses 5000 euros anuais que parece que nunca vai receber.
Estou profundamente indignado.