Lois Pérez Leira •  Opinión •  27/06/2016

Pablo Iglesias debe telefonar mais habitualmente a Beiras

Parece ser que as chamadas telefónicas de Pablo Iglesias a Rodríguez Zapatarero servíronlle de pouco. Polo menos así o indica o resultado electoral, que malia os guiños á socialdemocracia e a imposición dun discurso posibilista, non deu os resultados esperados. En pouco tempo de proclamar a consígnade todo o poder “aos Soviet” (círculos) pasaron a esixir todo o poder “aos pratós”. Esta proposta organizativa reflexouse na escasa ou nula participación das bases de En Marea ou Unidos Podemos, nesta campaña electoral. En Vigo onde resido, a mesma foi notable. Si falo máis en concreto ao meu barrio do Calvario, só en dúas oportunidades vellos militantes de IU, repartiron folletos en dúas oportunidades. Mentres en teoría existe un círculo de Podemos do Barrio, que nin nunha soa oportunidade realizou propaganda. Tampouco ninguén os coñece, debe ser un circulo de pantasmas.

Como diría Mao, Unidos Podemos ou a variante En Marea é “un tigre de papel”. Ten millóns de votos pero non teñen organización, nin a experiencia, nin os cadros necesarios, para ser a alternativa rupturista que se necesita.

O retroceso electoral en Galicia, a perda dun deputado, débenos chamar á reflexión. Porque non se seguiu avanzando, malia a perda de votos do BNG?

Está claro que o acordo electoral de cúpulas de Esquerda Unida, Anova e Podemos que impuxeron candidatos, na maioría dos casos descoñecidos e poucos representativos, Fernán Vello e Méndez Ferrín ao senado) son unha alianza superestrucutural con escasa base social organizada. Este acordo electoral dependente de Unidos Podemos, foi relegada pola propia condución de Madrid. Para a “nova política” madrileña Galicia vale pouco. Doutra banda quen fose líder de referencia de Pablo Iglesias  Xosé Manuel Beiras foi marxinado do seu liderado natural da esquerda galega. As actitudes oportunistas de Yolanda Díaz de Esquerda Unida e as indefinicions de Podemos Galicia, aportaron o seu grao de area para debilitar esta coalición, cando máis o necesitaba.
Malia as citicas que no meu caso non son novas, considero que se debe intentar un goberno de esquerdas, conformando unha gran maioría política co apoio das forzas nacionalistas de Euskadi e Cataluña. Onde se privilexie os dereitos sociais da poboación, os dereitos nacionais e se abra un proceso constituinte no Estado español.
En Galicia débese abrir un proceso de reflexión e de autocritica colectiva. Temos que pensar en clave galega, volver a recordade que en Madrid pénsase na “Patria española” e nós debemos de pensar na “Patria Galega”. O noso horizontes é gobernar Galicia e a única posibilidade é que Xosé Manuel Beiras asuma o liderado deste proceso, tendo como aliado privilexiado aos compañeiros do BNG, coa participación doutras forzas soberanistas  como Agora Galiza, FPG, Causa Galiza, Abrente, FOGA, Coalicion Galega, Nova Esquerda Socialista, Xuntos Podemos etc. O núcleo central debe ser a esquerda patriótica galega, para logo sumar á esquerda estatal federalista, que queira asumir de forma autónoma, un programa de esquerdas e inicie un proceso constituinte en Galicia.

Xosé Manuel Beiras hoxe mesmo debe dar un “zapatazo político” sobre a mesa, para reconducir este proceso político en Galicia, do contario os inventores da “Nova Política” levásennos a unha nova frustración política, que permitirá que siga gobernado en Galicia o PP.


Opinión /