André Abeledo Fernández •  Opinión •  27/08/2023

Memoria, xustiza e reparación para avanzar, os mártires a merecen, e a sociedade a necesita

Dos catro anos que fun concelleiro en Narón gardo en xeral un bo recordo, e estou orgulloso do feito, ainda que insuficiente seguramente, foi moito para os medios e os recursos cos que se contaban, e tamén porque no había realmente unha organización sería detrás, mais esa é outra historia. 

Un dosementos gratificantes foi poder rendir homenaxe as vítimas do fascismo no Pleno do Concello, no día da conmemoración da II República.

Esa memoria debe servir para facer algo de xustiza ainda que sexa xa moi tarde, e tamén  debería de servir para a reivindicación da necesidade da chegada da III República, o meu entender sí é a República da Galiza mellor. 

Ese día puiden defender ese ideal republicano, e contar a historia dunha parte dos mártires que foran asasinados en Narón, lembrar que naqueles tempos Narón non pasaba de ser unha pequena aldea.

Intervención no pleno:

Como sabemos “quen esquece a súa historia esta condenado a repetila”, o dixo hai séculos Marco Tulio Cicerón, gran verdade histórica que precisamos ter na memoria.

Tamén Miguel Hernández, ese gran poeta comunista que rematou a súa luminosa vida no mes de marzo de hai 74 anos nunha cadea fascista, deixounos dito: “Xamais renunciaremos nin ao máis vello dos nosos soños”.

A guerra civil non foi unha guerra, foi un golpe de estado perpetrado por traidores contra un goberno lexitimo referendado nas urnas, a II República foi un corto e intenso período de esperanza, de avances, de unidade, que rematou cun golpe brutal que nos levou a unha guerra, non podemos esquecer que no estado español houbo un xenocidio ideolóxico, as cunetas seguen cheas da semente dun pobo que se quería libre.

A II República promoveu o avance na transformación da nosa sociedade, na defensa das liberdades individuais e colectivas, e na consecución da xustiza social.

Este sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso a máis de 40 anos de franquismo, de represión e de retrocesos.

O 14 de abril ten que ser unha data reivindicativa para reclamar o dereito á República e facer unha homenaxe a todos  os alcaldes e concelleiros dos concellos daquel período, así como condenar o golpe de estado franquista contra a II República.

A II República, o primeiro réxime democrático da nosa historia que instaurou  un verdadeiro Estado de Dereito e proclamou a primeira constitución democrática de España. Esta Constitución plasmou o principio de igualdade dos españois ante a lei, ao proclamar España como “unha república de traballadores de toda clase que se organiza en réxime de Liberdade e de Xustiza”, o principio  de soberanía popular, establece o sufraxio universal para homes e mulleres maiores de 23 anos.

En economía a propiedade privada quedou suxeita aos intereses da economía nacional, constituíuse un “Estado integral, compatible coa autonomía dos Municipios e as  Rexións”, o principio de laicidade “o Estado, as rexións, as provincias e os Municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás Igrexas, Asociacións e Institucións relixiosas”, ademais recoñeceuse o matrimonio civil e o divorcio así como o ensino primario laico, gratuíto e obrigatoria, e recoñécese a liberdade de cátedra.

A II República promoveu o avance na transformación da nosa sociedade, na defensa das liberdades individuais e colectivas, e na consecución da xustiza social.

Este sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso a máis de 40 anos de franquismo, de represión e de retrocesos.

O 14 de abril ten que ser unha data reivindicativa para reclamar o dereito á República e facer unha homenaxe a todos  os alcaldes e concelleiros dos concellos daquel período, así como condenar o golpe de estado franquista contra a II República.

Algúns din que cando falamos de memoria, xustiza e reparación se reabren feridas, pero, como se vai reabrir o que nunca se pechou?; como se pode perdoar cando nunca se pediu perdón? Teñamos presente que na Alemaña negar o holocausto é delito. Non se debe esquecer sen máis.

Quero recordar una vez mais neste Pleno que por Narón, polo noso concello tamén pasou a besta fascista. As cifras contan unha pequena parte do horror e o terror que se viviu, pero só temos datos estimados, tan só coñecemos a punta do iceberg da barbarie, posto que algúns aínda teiman en perder a Memoria.

Temos documentados un total de 93 asasinados en Narón, unha parte deles mariñeiros que se mantiveron fieis á República, á legalidade, cando o golpe. No Val foron fusilados e enterrados no cemiterio 48 mariñeiros do acorazado “España” e do vapor “Domine”. En San Mateo foron fusilados e enterrados no cemiterio 17 mariñeiros do “Mar Cantábrico”.

Nove veciños de Narón foron fusilados, quince foron paseados e asasinados nas nosas cunetas, un foi apaleado ata a morte, dous morreron en enfrontamento armado, outro morreu en prisión…

Estas 93 persoas foron asasinadas, pero tamén están os represaliados, os que foron depurados, os desterrados, os escapados e exiliados, os presos, os multados…

Como terrible anécdota do terror das hordas Nacional Católicas do Franquismo, destas beatas persoas que loitaban por “Deus” e “España”, esta o feito de que o día 26 de Decembro, supoño que para celebrar o Natal, no Val foron fusilados máis de 20 mariñeiros do citado acorazado “España”.

Dende EU Narón entendemos que os actos de homenaxe as vítimas do fascismo e de conmemoración da II República deben servir tamén para a reivindicación da necesidade da chegada da III República e convocamos a toda a cidadanía a participar nas ofrendas florais na memoria de todos os represaliados polo fascismo.

Honor e Gloria aos nosos mártires.

Saúde e República. 

André Abeledo Fernández (Caixeiro en Mercadona, e Delegado de personal na sección sindical da CIG)


Opinión /