MERCADONA: os traballadores exiximos respeto a nosa dignidade e que a publicidade fágase realidade
Non me sorprende a publicidade «gratuita» que os medios de comunicación fanlle a MERCADONA, mais entendo que moita xente non entenda que a prensa se preste a actuar como publicista en vez de como periodista.
Cando MERCADONA envía unha nota de prensa aos medios de comunicación a maioría de destes medios simplemente limitanse a dar dita información sin contrastar nada, sin indagar, sin preguntar, sin comprobar a veracidade de dita información. Finalmente unha noticia convirtese en simple publicidade.
Ademáis MERCADONA conta coa ventaxa de que o sindicalismo amarelo na empresa o fan os sindicatos sistémicos CCOO e UXT, non precisan dun sindicato propio como El Corte Inglés, ni de FETICO como outras empresas do sector para ter sindicatos ao servizo da empresa e velando polos seus intereses, asinando o que lles poñan diante e convenios a baixa en tempos de bonanza económica para a empresa e de resultados espectaculares en canto a beneficios económicos tanto na Pandemia como despois.
Cando nos falan do cobro da prima por obxetivos en MERCADONA mintese, porque esa prima non é tal, de selo sería consolidable e teria uns requisitos obxetivos e non totalmente subxectivos, arbitrarios e que se convirte nunha ferramenta excelente para os castigos económicos a traballadores que exixen respeto aos seus dereitos.
Como no caso en MERCADONA, o cobro dunha «prima» non debe depender da opinión que teña o encargado de turno, de si te enfermas, ou de si esixes os teus dereitos ou tragas con todo.
Cando nos din que un traballador cunha baixa por enfermidade cobra o 100% do seu salario tampouco se conta a verdade, porque o convenio asinado entre MERCADONA, CCOO e UXT, esta redactado de tal maneira que deixa tamén a decisión da empresa a retirada dos complementos salariais.
Complementos salariais que en MERCADONA son unha parte moi importante do salario, e deixase en mans dos servizos médicos da empresa o poder «castigar económicamente» a aqueles traballadores que exixen que se respete o seu dereito a estar enfermos sin sentirse culpables.
Un convenio de MERCADONA asinado a la baixa despois de que a empresa anunciase os mellores resultados da súa historia, ¿como se come eso?, ¿que clase de sindicalismo fan CCOO e UXT en MERCADONA?, ¿por qué a prensa cando pública as notas de prensa de MERCADONA non conta a cidadanía a letra pequena?, que hai moita e soe cambialo casi todo.
Estaría ben que alguen se atrevese a falar e informar sobre o trato aos traballadores en MERCADONA, sobre o funcionamiento dos sindicatos en MERCADONA, sobre a liberdade sindical en MERCADONA, sobre o motivo do baixo absentismo laboral en MERCADONA, sobre a realidade da conciliación da vida laboral e persoal en MERCADONA, sobre como funciona a «prima» que MERCADONA dá aos traballadores e o sistema que utiliza para convertir esa prima no «pau e a cenoura» do que falou Jhon Ford.
MERCADONA son miles de traballadores, moitísimo diñeiro, que fan tamén que teña un inmenso poder.
Pero unha empresa que dí e vende ser exemplar debería cumplir coa sua publicidade ao pé da letra, ser o que di ser, ninguén debe ir a traballar como si fose a un campo de concentración, todos os traballadores merecemos respeto a nosa dignidade como persoas e tamén aos nosos dereitos.
Outro capítulo sangrante é o uso e abuso sistemático do despedimento disciplinario, o papel o aguanta todo e no tema despidos a reforma laboral de Rajoy lastra a defensa dos traballadores ao obligar ao traballador ao demostrar a falsedade dos motivos do despido, e non como era antes de dita reforma e como é lóxico que sexa quen despide o que teña que demostrar que esos motivos son reais.
Como delegado de persoal da CIG en MERCADONA e actual secretario do comité na provincia de A Coruña, donde a CIG ten a maioría absoluta, ademais de que temos gañado as eleccións en Pontevedra e Ourense, como o faremos en Lugo cando os traballadores perdan o medo a presentar unha candidatura coa CIG.
E tamén como presidente do comité que fun no seu momento con CCOO, sin dúbida a etapa máis dura, decepcionante, e demoledora a nivel sindical que teño vivido, e sobre todo como traballador que leva máis de deceoito anos na empresa sei mou ben do que falo.
Agora MERCADONA ten conseguido gracias a CCOO e UXT coa redacción do novo convenio, non ter que reunirse cos comités provinciais, solo se reunen en Valencia no comité Intercentros con CCOO e UXT, así ningún sindicato lles dirá o que non queren escoitar.
As delegadas e delegados da CIG seguiremos coa verdade como bandeira, dicindo as cousas como son realmente, loitando contra vento e marea por defender a dignidade, os dereitos, e os intereses das traballadoras e os traballadores na Galiza.