Produtividade, absentismo, e abuso no Estado español
A productividade non no depende da cantidade de horas traballadas, eso esta demostrado, por ese motivo tanto o Estado español cos horarios flexibles e as dificultades para poder conciliar a vida personal coa laboral, como Grecia coas 12 horas de xornada laboral, sonche o exemplo de países con baixa productividade. Por outra banda Suecia con 6 horas de xornada laboral esta entre os países máis productivos.
As jornadas partidas, as malas condicións laborais, os baixos salarios, o estrés excesivo baixan a productividade. No Estado español os empresarios teñen alma de negreiros, e son máis amos ou patróns que líderes.
Agora hai unha campaña dende os medios de desinformación ao servizo sempre do poder para esaxerar ao máximo o problema do absentismo laboral e criminalizar ao traballador enfermo.
Hai moitísima máis xente traballando enferma por medo a un despido que debería estar de baixa por enfermedade para non arruinar a súa saúde para sempre, que xente de baixa sen motivo.
Mais os medios de comunicación e os estudios encarregados pola patronal estan para tentar demostrar o contrario, esta xentuza desvaloriza a vida e a saúde dos traballadores, non dan valor porque no lles importa, para eles non somos nada, somos reemplazables e o empresario español sempre ten tido alma de negreiro.
Como traballador de Mercadona e delegado de Persoal pola CIG na Provincia de A Coruña sé moi ben do que falo, da visión empresarial que cree que levar aos traballadores ao limite física e mentalmente é o camiño para conseguir productividade, ou tal vez solo busquen a sumisión absoluta e obediencia cega. Se cadra sexa máis un modelo ideolóxico e clasista que empresarial.
Non vexo ningún motivo para pensar que un traballador con medo, un traballador que sofre ansiedade ou depresión por causa do seu traballo, un traballador que destrua a súa saúde por causa do estrés e de ritmos de traballo inasumibles e horarios insoportables vaian a ser mellores traballadores máis produtivos.
Así que o único que se me ocorre é que son motivos ideoloxicos, de clasismo, e de domesticación absoluta dos traballadores os que xustifiquen este xeito de traballar e maltratar aos traballadores.
Non imos a mellor, imos a peor, teño menos dereitos e peores condicións laborais que os meus pais, e o que me preocupa é que os meus fillos as terán aínda peores, namentres que unha minoría faise cada vez máis rica e ten máis privilexios, namentres que as grandes multinacionais continúan multiplicando os seus millonarios beneficios todos os anos, con crisis e sen crisis.
Porque as crisis sempre as pagamos os mesmos, a clase traballadora.