Non hai camareiros porque o sector non cumpre coa lei e explota aos traballadores
«Bares, restaurantes e hoteis non atopan persoal esclavo para a temporada de veran».
Coñezo, como coñece outra moita xente, persoalmente a camareiras e camareiros con contratos de media xornada traballando de 8 a 12 horas e cobrando parte dun salario de merda en negro, é o pan de cada día en hostelería. ¿Será por eso que non hai camareiros negreros?.
Teño unha amiga que é camareira en Ferrol, cun contrato de media xornada, traballando a xornada completa, un día 7 horas, outro 8,10, ou as que o mal chamado empresario quera.
Cun salario de 500 euros ao mes en nómina mais outros 200 en negro, con so unha semana de férias, que non sabe canto se lle van a dar, e con ningún fin de semana libre, so libra un día a metade de semana. Así son as condicións dun sector que maltrata ao traballador.
O que teñen que facer os hosteleiros para conseguir camareiros, é cumplir a lei, pagar o que corresponde por convenio, como mínimo, respetar os dereitos dos seus empregados, e o Estatuto dos traballadores.
Eso é tratar a xente con respeto e dignidade.
E o goberno debe mandar inspeccións de traballo para evitar un fraude e un abuso que xa dura demasiado tempo, que ademáis representa unha competencia desleal para cos empresarios que cumpren coa lei.