André Abeledo Fernández •  Opinión •  30/06/2020

Galiza é unha nación.

Sempre dende moi novo sentín o que podería chamar orgullo de clase, sentirme parte dos máis, os maioritarios en todolos sentidos, os que moven as rodas da história. Podería decirse que son comunista tanto por decisión, como por instinto.

Sintome galego, sonche galego, profundamente amante e agradecido a miña terra que é a miña nai.

Galiza forma parte do meu ADN revolucionario. Sen dúbida Galiza é a miña terra e a miña nación.

Pero tamén són comunista e internacionalista, teño dúas patrias, Galiza e a clase obreira.

Cando o fascismo ataca a plurinacioalidade non o fai buscando a unidade, todo o contrario  busca o enfrontamento entre as nacións, entre os pobos do Estado español.

Cando a ultradereita nega a realidade da existencia de distintas nacións querendo impoñer a cultura única, a historia única e o idioma único, non quere unir, quere impoñer pola forza unha realidade que non existe mais que no seu imaxinario fascista.

Cando a dereita tenta diferenciar ente nacionalismo bon, o deles, e nacionalismo malo, o resto equivocase aproposito, cando tamén o fai unha parte da esquerda quero pensar que o fai por ignorancia.

Os insultos durante a campaña electoral dos fachas de VOX a figura de Castelao són graves, mais ainda é máis grave a traizón sistemática do PP de Galicia o noso idioma, a nosa cultura, a nosa historia e a nosa identidade como pobo.

O negacionismo de Feijoo é máis perigoso que o torpe e absurdo discurso dos cromañons de VOX.

A unidade se pode conseguir dende o respeto, nunca dende a imposición.

Galiza, Euskadi e Catalunya són realidades, són nacións cun idioma, unha cultura e unha historia propia. O non recoñecer un feito e non querer atopar un espazo de convivencia.


Opinión /