A República Popular de Donetsk e a actual crise en Ucrania
Na República Popular de Donetsk quen bombardea a diario dende 2014 é Ucrania, o deixo como dato a ter en conta.
Na República Popular de Donetsk a poboación é de maioría rusa, unha poboación en rebeldía que se decidiu pola autodeterminación e votou pola independencia.
Sexa recoñecida ou non por esa «lei internacional» que se vulnera cada dous por tres en nome de intereses económicos, pero que non recoñece o dereito dos pobos a decidir o seu destino, a realidade é que un pobo se ergueu e loitou pola súa independencia, como ten sucedido ao longo da historia en todo o mundo.
Tampouco se me escapa que Ucrania é un Estado NAZI-FASCISTA que ten decidido impoñer pola forza a unidade territorial con bombardeos e cañonazos contra a poboación civil das repúblicas rebeldes.
Persoalmente estou convencido de que cando un pobo toma a decisión firme de separarse da súa metrópoli, como é o caso, ningún Estado poderá doblegalo pola forza das armas.
Por outro lado poñer a Ucrania NAZI-FASCISTA e a Polonia ultracatólica como exemplo de democracias a protexer dos rusos, di moito do nivel ao que nos movemos.
Tamén me parece unha incongruencia enviar armas e tropas a Ucrania cando o que buscas é unha solución diplomática e pacifica, un exercicio de hipocresía nivel Deus.
Recordar que a OTAN é un clube exclusivo e belicista dirixido polos EEUU que defende os intereses das grandes cooperativas e multinacionais a base de bombardeos, ataques e invasións.