André Abeledo Fernández •  Opinión •  20/03/2025

As axudas a dependencia lentas son como a sanidade lenta, malas porque chegan tarde e non estan cando son máis necesarias

As axudas a dependencia lentas son como a sanidade lenta, malas porque chegan tarde e non estan cando son máis necesarias.

Vou poñer o exemplo da miña situación, a miña avoa 97 anos esta agardando a axuda a dependencia da Xunta de Galicia.

A miña avoa con demencia, postrada na cama fai anos, precisa axuda para comer, para beber, para todo.

Como moitos outros galegos sigue agardando pola axuda anunciada de 5000 euros de pago único anual que ten da Xunta de Galicia de axuda a dependencia.

É unha axuda insuficiente, pero é máis que nada, a este paso como para moitas familias vai ser inexistente polas demoras que fan que moitas veces as axudas cheguen cando quen as precisa xa faleceu.

A espera media para a resolución da Xunta sobre o pago das axudas vai para máis dun ano, cando alguén ten unha enfermidade terminal ou ten como no caso da miña avoa 97 anos e unha saúde fraxil, un ano é unha vida.

Alguén ten que decidir si a situación da miña avoa e suficientemente grave, unha vez entregada toda a información, incluido o informe médico fai meses, xunto con toda a documentación que pide a Xunta foi entregada nos servizos sociais.

Humildemente como persoa, penso que simplemente vendo a data de nacemento da miña avoa, naceu un 17 de Abril de 1927, tamén penso que a súa idade debería ser suficiente para recibir a axuda con urxencia.

Con máis urxencia cando falamos dunha persoa de 97 anos cun informe médico que fala da súa moi delicada saúde, da demencia que sufre, da súa situación de persoa encamada e totalmente dependente de ter alguén 24 horas atento as súas necesidades.

As administracións, neste caso a Xunta de Galicia tómase o seu tempo, un tempo que moita xente non ten.

A falta de empatía dende as administracións é un problema importante, frustrante, e indignante.


Opinión /