André Abeledo Fernández •  Opinión •  08/02/2025

O pobo palestino é víctima da alianza do neofascismo e do sionismo

Donald Trump fala como Presidente dos EEUU de facer unha limpeza étnica en Palestina, unha deportación forzosa de todo un pobo da súa terra, o di durante a reunión co Presidente de Israel Netanyahu, un criminal de guerra condenado, un xenocida que sorrí la ocurrencia do tolo da Casa Blanca.

Unha ocurrencia que é un discurso onde anuncia a intención de cometer un crimen contra a humanidade que nada ten que envexar ao que a Alemaña NAZI anunciou que quería facer co pobo xudeu, limpar Europa era o plan de Adolf Hitler, lembremos que Hitler e Trump presentaronse as eleccións democráticas para dende dentro destruir a democracia.

O plano anunciado polo fascista Donald Trump de convertir Gaza nun complexo turístico despois da deportación masiva e forzosa do pobo palestino non deixa lugar a dúbidas do carácter fascista do Goberno dos EEUU, e da súa complicidade co sionismo que continúa realizando un xenocidio en Palestina grazas ao apoio Ianqui.

O proxecto non é solo unha loucura, un desatino, un disparate, é un anuncio de que nos EEUU teñen un goberno neofascista aliado co goberno sionista de Israel, e que Donald Trump é un criminal de guerra por agora de palabra aliado de Netanyahu que é un criminal de guerra condenado polo tribunal internacional por crímenes de lesa humanidade contra o pobo palestino.

O que está sucedendo en Palestina é algo terrible, mais tamén vergoñento, ata os NAZIS inventaron unha linguaxe para tentar esconder os seus crímenes contra a humanidade, pero Netanyahu e Donald Trump parecen orgullosos de poder cometer esos crímenes con impunidade amparados na impunidade da forza das armas e do veto que exerce EEUU nos organismos internacionais para evitar sancións contra o goberno xenocida de Israel.

A barbarie está chegando a límites difícilmente imaxinables, occidente é hoxe cómplice por acción ou por omisión dun xenocidio, dunha limpeza étnica, de crímenes contra a humanidade en Palestina.

Dende 1948 coa creación do Estado de Israel no territorio de Palestina grazas a complicidade de Reino Unido que era entón a potencia administradora de Palestina, unha terra que xa tiña dono, o pobo palestino comezou o apartheid, a ocupación ilegal de territorios, os nenos acusados de terrorismo e encarcelados, as masacres, a demolición de casas de palestinos, as torturas, violacións e humillacións, para chegar a limpeza étnica e o xenocidio que esta a ocurrir nestos momentos.

Israel ameaza ao mundo grazas a Donald Trump, ameaza con deportar aos Palestinos aos países que teñen criticado o xenocidio, a España, a Irlanda, a Noruega. 

Israel e EEUU creense os donos do mundo e o seu supremacismo faise notar no seu desprezo a legalidade internacional.


Opinión /