André Abeledo Fernández •  Opinión •  11/06/2022

As crises necesitan de idealistas e estadistas, pero temos a contistas e mediocres

Non é que o Goberno non faga nada, é que non fai o que prometeu, non fai todo o que pode facer, non conta a verdade, non toma partido pola clase traballadora a que di representar e prefiere actuar de «árbitro» de un suposto «pacto social» que xamais ten existido, porque tódalas facturas, de tódalas crises a teñen pagado a clase traballadora, agora tamén.
¿Onde quedou a derogación da reforma laboral ou da lei mordaza?.
¿Onde está a vivenda pública e o aluguer social?.
¿Onde está a Banca Pública e a necesaria exigencia a Banca privada de que devolva dalgún modo o rescate co diñeiro público que a salvou?.
¿Para cando poñerlle realmente límites as compañías eléctricas e evitar a estafa?, ¿para cando atreverse a falar de nacionalizar sectores estratéxicos si é necesario?.
¿Como pode ser que as axudas para o coste do gas, a electricidade, os combustibles, saían dos nosos impostos e non dos beneficios millonarios dunhas empresas que nos teñen estafado a todos dende sempre?.
No momento que máis se necesita de estadistas, de idealismo, de entrega, ata dun certo patriotismo, nos atopamos cunha xeneración de políticos mediocres, que solo deienden o seu sillón, o seu salario, o seu espazo, coa patria no bolsillo, e cun ego tan grande que lles impide ver a realidade que teñen diante dos seus ollos.
Agora Yolanda Díaz vai a comezar o seu «proceso de escoita», un proxecto de liderazgo persoal, sin ningún tipo de base ideolóxica, baseado no apoio de medios como La Sexta e as redes sociais. Un proceso de completa disolución do que quedaba de esquerda organizada. O obxetivo é ser o bastón do PSOE, ou fichar polo PSOE, o que máis conveña a catro.
Namentras unha ultradereita neofascista, máis de Trump que de outra cousa, inútil, patética, neoliberal e salvaxe en canto a casi todo o seu ideario, ve como a esquerda tenlle deixado o terreo libre para sementar o seu decurso de odio e mentiras entre a clase traballadora.
Namentras un PP disposto a abrazar a VOX e o seu discurso de odio recupérase grazas a falta de valor e supoño que tamén de idealismo do suposto goberno de esquerda e progreso.

Opinión /