Redacción •  rtve.es •  Galicia •  30/08/2016

Alexandra Fernández deixa claro o non de En Marea a Rajoy e acúsao de vivir «fóra da realidade»

A portavoz de En Marea criticou a mensaxe de Rajoy de que “o PP é a única posibilidade” e puxo de manifesto que “imos seguer tendendo a mán para buscar alternativas porque sabemos que en Galicia se está a traballar por unha alternativa”.

Alexandra Fernández deixa claro o non de En Marea a Rajoy e acúsao de vivir «fóra da realidade»

Alexandra Fernández realizou esta tarde no Escritorio da Cámara unha avaliación do discurso de Rajoy após a súa intervención censurando o seu exercicio de autocomplacencia e acusándoo de “vivir fóra da realidade”.  

A portavoz de En Marea no Congreso afirmou que “hoxe vimos de Rajoy dúas mensaxes claras: todo vai ben, aquí non pasou nada, a crise foi algo que se resolveu fugazmente grazas á súa ación de goberno, e polo tanto, tratando de negar unha realidade social que está fora  deste Parlamento”.

A outra gran lóxica que empregou, puntualizou, “é dicer que ou o PP ou o caos, unha especie de chantaxe onde a única posibilidade pasa polo PP. Negámonos a crer ambas afirmacións”.

MÁIS DO MESMO

Alexandra Fernández afirmou que Rajoy vive absolutamente fora da realidade, “non ten ningún contacto co que pasa na rúa. Moncloa e Génova deben ser os únicos lugares onde cren que o PP gañou as elecións, cando o PP está en minoría. Está en minoría pola súa ación de goberno, pola súa prepotencia á hora de chegar a acordos, por unha forma de facer política que pasa polo rodillo. A única forza política que se lle suma ao carro é Ciudadanos que aceptou un acordo político de continuidade coas políticas do PP, de continuidade coas políticas neoliberais”.

O resto, subliñou, que “é fume non deixa de ser parole parole, bonitas palabras pero máis do mesmo”. En Marea considera que Rajoy é incapaz de saír investido e polo tanto, imos seguer a tender a mán para buscar alternativas, porque sabemos que en Galicia se está a  traballar para unha alternativa. Darémoslle o non a Rajoy e continuaremos abrindo todas as vías posibles para que un goberno alternativo sexa posible. Negámonos á lóxica de Mariano ou o caos”.


En Marea /