En Marea •  Redacción •  Galicia •  01/09/2016

Luís Villares: “Feijóo dinamitou a sanidade pública galega causando moitísimo sufrimento á xente”

O candidato á presidencia da Xunta e a número 3 da candidatura por Pontevedra, Eva Solla, reuníronse coa xunta de persoal e sindicatos do hospital Álvaro Cunqueiro en Vigo.

Luís Villares: “Feijóo dinamitou a sanidade pública galega causando moitísimo sufrimento á xente”

Tras o encontro Luís Villares asegurou que “Feijóo é a dinamita da sanidade pública galega” xa que “destruíu completamente o sistema sanitario público causando moitísimo sufrimento á xente, que deixou de recibir tratamentos ao que tiña dereito, que padece listas de espera”. “Desde En Marea queremos transmitir a garantía do dereito á saúde e o dereito ao acceso universal ao servizo. Entre as nosas prioridades de goberno está recuperar para o control público toda a sanidade que foi destruída e privatizada polo goberno de Núñez Feijóo” comprometeuse o candidato á presidencia da Xunta de Galicia.

En Marea considera “é inaceptable que haxa listas de espera mentres hai camas pechadas, que os traballadores teñan unhas condicións totalmente precarias e sufran a falla de medios para traballar, que a xente siga esperando mentres temos medios e recursos, bos e boas profesionais”.

Entre as propostas de En Marea para recuperar a sanidade pública para Galicia, Luís Villares anunciou en primeiro lugar a recuperación da xestión pública completa do Álvaro Cunqueiro, a utilización integra do hospital do Meixoeiro, a apertura de camas e o establecemento de plan urxente para a redución das listas de espera cunha reforma e ampliación do sistema de atención primaria para desatascar as urxencias e que a primeira atención se poda recibir nun período de tempo razoable.

A número 3 da candidatura por Pontevedra, Eva Solla, salientou así mesmo a necesidade de acabar coa importante dada a precariedade laboral medidas para evitar eses contratos precarios e repoñer con convocatorias públicas de emprego todos eses postos de emprego eliminados durante os anos de goberno Feijóo.” Para iso é preciso atender en primeiro lugar os casos máis urxentes como a atención primaria ou aqueles postos que sufriron con maior intensidade os recortes do PP” denunciou.  “A exclamación que facía Feijóo de que as camas eran importantes nos hoteis e non nos hospitais galegos é un insulto e unha banalidade como puidemos comprobar estes días están a realizar traslados incluso en especialidades con elevadas listas de espera como traumatoloxía a pesares de que as camas seguen pechadas a día de hoxe neste centro” afirmou a número 3 de En Marea pola provincia de Pontevedra.
 
Nos últimos anos segundo os datos do propio Ministerio foron en torno a unhas 1.800 as prazas destruídas. “Cremos que é preciso primeiro acometer un plan coa colaboración dos profesionais e sindicatos co que se poida resolver as necesidades máis urxentes como enfermería e outras de necesaria nova creación. A partir dese momento sacar de xeito progresivo as necesarias convocatorias” explicou Eva Solla.


En Marea /  Eva Solla /  Luis Villares /