En Marea •  Redacción •  Galicia •  11/09/2016

En Marea comprométese en Verín con acabar coas privatizacións dos servizos de emerxencias e “gastar mais en prevención para non ter que gastar tanto en extinción“

A formación pechou onte a súa primeira xornada de campaña electoral en Verín (Ourense) cun encontro coa veciñanza no que participaron o candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, a cabeza de lista de En Marea Ourense, Ánxeles Cuña, o candidato, Ares Jiménez, a candidata, Ángeles Faraldo, e o membro da coordinadora de En Marea e portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras.

En Marea comprométese en Verín con acabar coas privatizacións dos servizos de emerxencias e “gastar mais en prevención para non ter que gastar tanto en extinción“

O candidato á presidencia arrancou o seu discurso denunciando a actitude do PP de Ourense coa candidatura de En Marea. “Baltar non nos quería aquí. O PP non nos quería aquí. Queríanos calados. Como Feijóo cando se trata de defender este país. Porque o PP non acaba de comprender a democracia. O noso Davide, o noso alcalde da Manzaneda rebelde, é a proba. É nestes casos, casos como o da denuncia fanada contra o Davide, cando o PP amosa a súa cara antisistema“ afirmou Villares. Un xeito de actuar que deixa en evidencia a idea contraria dos PP á separación de poderes con afirmacións como a de Baltar, “o que comparte con Feijóo esa coalición chamada PP, o mesmo Baltar que ofrece traballo na Deputación a cambio de sexo, que o Tribunal Constitucional meteu a pata”. “Nós dicímoslle que a pata meteuna o Partido Popular, que quixo calarnos, quixo silenciarnos amosando que democracia non é o seu, que non están cómodos coa xente libre, coa xente digna que escolle e vota en liberdade“ asegurou Villares. Unha xente do común que o vindeiro 25 de setembro vai explicar a Baltar e ao seu amigo Núñez Feijóo que o pobo é quen máis ordena.
 
O candidato á presidencia destacou os ataques á sanidade pública que “foi a principal vítima destes sete nefastos anos Feijóo“. “Sabédelo ben en Verín, que sufrides a supresión do PAC da vila e a masificación das urxencias“ salientou Villares. Tamén falamos da atención primaria, dos pequenos centros médicos, dos servizos sanitarios da comunidade, da precarización laboral das traballadoras e traballadores sanitarios, das urxencias e dos puntos de atención continuada. “Porque o Partido Popular aplícase a fondo en despezar a sanidade de todas e todos, un dos piares da xustiza social por todos os medios“ denunciou.
 
En Marea nace para defender os dereitos da xente do común, para construír un país xusto onde sanidade pública, universal e gratuíta é un dereito irrenunciábel. “A saúde moral dun país tamén se mide pola súa defensa dos dereitos de todas. A saúde moral do PP atópase na UVI“ afirmou Villares fronte a saúde moral das galegas e os galegos que representa En Marea que se atopa vizosa e por iso entre as medidas que levará a cabo o goberno de En Marea está rescatar o Sergas das gadoupas da privatización, dignificar a atención primaria, dignificar as urxencias e o traballo sanitario e os centros médicos. “Acabouse malgastar cartos de todas cos amigos conseguidores e retallar os dereitos de todas. O noso país xusto non vai permitir nunca máis que as persoas queden sen atención sanitaria pública e gratuíta“ comprometeuse Luís Villares.
 
Como xa anunciara no mitin de arranque de campaña no Carballiño pola mañá, o candidato á presidencia da Xunta de Galicia lembrou a intención de En Marea de declarar zona catastrófica aqueles  lugares máis afectados pola recente vaga de incendios e acelerar o proceso de entrega de axudas para paliar os danos e indemnizacións. En Marea camiñará cara unha nova política forestal, apostando pola prevención de lumes nos meses de inverno e sentarase cos traballadores e traballadoras das equipas de extinción para escoitar as súas demandas e establecer un sistema de extinción eficaz, para mellorar así a seguridade cidadá e ter un servizo de extinción de lumes público profesionalizado e eficaz, que asuma esta tarefa durante os 12 meses do ano. “Porque á cidadanía ten que apagar os lumes e arriscar a súa vida, porque non hai gobernantes que cumpran coa súa obriga e deixan arder o noso país“ denunciou Villares.
 
Demostramos xa coa chegada dos gobernos das Mareas municipalistas que hai outro xeito de gobernar, “sen roubar os cartos públicos como fixo o PP nalgúns concellos e non o digo eu o di o xulgado“ aclarou Villares.
 
Os incendios non so se apagan en verán cos mangueiras senón con políticas adecuadas en materia forestal que non reduza as distancias de seguridade entre as plantacións
Con que unha soa casa arda, destrúese tanta riqueza como a que produce todo un monte porque queimanse recordos, esperanzas“ afirmou Villares.
 
“Gastamos máis en extinguir incendios que en previr, e somos número un en privatizar os servizos contra incendios, descoordinados para que uns cantos podan facer negocio, que privatizaron incluso os servizos contra as plagas. Temos a peor plaga gobernando pero temos o mellor servizo fistosanitario que se chama En Marea e logrará facer realidade que xa soñamos entre todos e todas“ concluíu o candidato á presidencia da Xunta de Galicia de En Marea.
 
A cabeza de lista de Ourense, Ánxeles Cuña, lamentou que Ourense ocupe o primeiro posto de Galicia en paro, en pobreza, cuestións que veñen provocadas polo abandono, de mala xestión, de roubo ou de mirar cara outro lado mentres a xente sofre no noso país. Pero fronte a esta destrución do PP, hai solucións que son as que vai impulsar o goberno de En Marea.
 
Todos recortaron en educación, en sanidade, en servizos sociais que é unha ferida aberta para todos e todas nós. “Non somos vacas mansas, non nos imos resignar, unímonos para loitar e defender o noso país“ afirmou. Ánxeles Cuña destacou o recorte en Cultura imposto polo PP, unha cultura que nos fai libres. “imos encher o Parlamento de xente honrada que vos representa e que traballará por todos e todas vós“ concluíu a cabeza de lista de Ourense.
 
Ares Jiménez candidato de En Marea por Ourense na súa intervención falou do que significa realmente a política que non é aparecer cada catro anos para pedir o voto e despois desaparecer, “a política é para reconstruír o noso país pero con todos e todas vós“.
 
“Chámannos antisistemas pero eles son os eles“ defendeu. “Pode haber algo mais radical que botar das súas vivendas a familias cos seus pequenos, ou dicir que os traballadores son os que deberían pagar a súa indemnización por despedimento, pode haber algo máis radical que roubar os cartos públicos a mans cheas“ salientou. En contra explicou, En Marea quere cousas tan radicais como cumprir a Constitución, respectar os dereitos humanos, que sexa a xente do común a que faga as leis non o PP para beneficiar aos seus amigos. “Imos encher de auga salgada o Parlamento“ afirmou Ares Jiménez.
 
O membro da coordinadora de En Marea e portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, arrancou a súa intervención en Verín falando da visita que En Marea realizou pola tarde ás zonas afectadas polos incendios de Oimbra. “Hoxe literalmente puiden comprobar as consecuencia da política de terra queimada da acción destes irresponsables que temos por gobernantes. A Xunta eucaliptiza o país ao servizo de Ence, os veciños e veciñas plantan castiñeiros e arden porque os queiman, “e non só os pirómanos“. “Quen non se sinta avergoñado de ver toda a nosa terra queimada e non se sinta na obriga de pedir perdón ou é un androide con só aparencia de humano, ou é un desalmado ou un psicópata“ denuncio Feijóo. “Se Núñez é un androide que marche ao seu planeta, se é un desalmado que vaia ao inferno, se é un psicópata que lle dean o tratamento adecuado“ pediu Beiras que continuou criticando as declaracións do PP que “din que os incendios foi: una mala suerte. A mala sorte son eles.  Están queimando este país, están a bombardear o noso país. Temos que reconstruír un país destruído e para iso precisamos de todos vós, sen a cidadanía non se poderá“.
 
VISITA ZONAS AFECTADAS POLOS INCENDIOS
 
En Marea visitou durante a tarde de hoxe as zonas afectadas polos incendios esta semana en Oimbra. Durante a súa visita Villares explicou que unha das causas da grande extensión de superficie queimada este verán e a redución da franxas de seguridade de biomasa, unha modificación promovida polo Goberno do PP para favorecer o monocultivo de eucalipto, ademais de modificar o decreto de extinción de incendios reducindo a distancia obrigatoria entre as plantacións de as vivendas de 50 a 30 metros.
 
Viño galego
 
As 5 denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, O Ribeiro e Valdeorras) constitúen un notable caso de éxito materializado nunhas cifras crecentes de exportación. Un sector cuxos progresos en materia de profesionalización e incorporación de coñecemento, tense materializado nun produto de elevada calidade. É obxectivo de En Marea consolidar os logros acadados e avanzar nun escenario internacional cada vez máis competitivo require de esforzos continuados en materia de comercialización, innovación, cualificación dos recursos humanos e sustentabilidade. En Marea propón as seguintes medidas específicas:
 
Establecerase apoio técnico e económico para continuar cos procesos de reestruturación, coa incorporación de castes autóctonas e establecendo marcos de plantación que permitan un axeitado cultivo, priorizando aqueles modelos de xestión respectuosas co medio ambiente.
 
Incentivaranse e apoiaranse con recursos públicos aqueles procesos de reestruturación mediante reagrupamento parcelario de xestión societaria ou cooperativa, que permitan salvagardar ou recuperar zonas de tradicional aptitude vitícola e permitan a xeración de postos de traballo ligados aos mesmos.
 
As autorizacións para novas plantacións de viñedo deben utilizar criterios de conservación dos recursos agrarios das comarcas vitícolas. En moitas comarcas trátase do único recurso para manter a paisaxe, o medio e a actividade económica, moitas veces converténdose nunha verdadeira viticultura heroica. Esta actividade permite manter a poboación no rural, contribúe ao comercio local e frea o éxodo da xente moza, sobre todo na Galicia interior.
 
Revitalización (resurrección, realmente) da Mesa do Viño o establecemento de Contratos Homologados. Estes contratos deben garantir prezos xustos e dignos. As explotacións produtoras de uva non poden depender dun mercado non regulado e moitas veces especulativo. A Xunta ten que promover e obrigar á interlocución entre as partes -produción, elaboración -comercialización e consumo, onde a parte máis débil sempre é o agricultor.


En Marea /  servizos públicos /