Galicia

CCOO denuncia a "improvisación" da Consellería de Educación e a "falta de respecto" ao profesorado pola avaliación de primaria

CCOO-Ensino púxose en contacto coa Consellería, pero unicamente tivo como resposta que "aínda non teñen claro" cando se poderán introducir estes datos no sistema. Pola contra, a interface do propio XADE amosa unha mensaxe que advirte que a dita opción previsiblemente estará dispoñible na primeira semana de xullo.
 

En Marea comprométese a seguir traballando "polo cambio político" pese á perda de voto urbano en Galicia

Tras coñecer os resultados, os candidatos e candidatas de En Marea agadeceron "o apoio e confianza" amosada polo pobo galego nesta convocatoria electoral. Alexandra Fernández asegurou que “os datos non os que agardábamos pero tamén é certo que este proxecto se nutre dos movementos da rúa, e a loita é longa e seguiremos a traballar no cambio político tamén a nivel do Estado”. 
 

Pese aos escándalos de corrupción o PP sobe en Galicia a costa de En Marea e Ciudadanos

Pola súa banda, o Partido Socialista de Galicia (PSdeG) repite os 6 escanos obtidos na última convocatoria mentres que En Marea pasa de 6 a 5 deputados pola perda de apoio nas grandes cidades deixándose preto de 70.000 votos.

Ciudadanos perde o único deputado que obtivera o 20D e o Bloque Nacionalista Galego (BNG) confirma a súa desfeita electoral ao non obter representación baixando do 4,32% ao 2,90% en porcentaxe de voto en territorio galego.

Páginas