Galicia

Compromiso por Galicia presenta a súa candidatura á Presidencia da Xunta

Para Xoán Bascuas “a actual situación de desemprego de Galicia é totalmente evitable”. Pero faise necesario máis autogoberno:“As decisións de Galicia, en Galicia. Sempre.O centro de decisións está moi lonxe, en Madrid, e así nunca se pode atender ás necesidades dos cidadáns, que non queren ser subsidiarios, queren traballar, que lles deixen traballar, que lles quiten os atrancos, e para iso estamos aquí nós, para facer política de cerca”.

En Marea presenta a súa candidatura na Coruña como alternativa ao PP de Alberto Núñez Feijóo

O escapismo de Feijóo como explicou Luís Villares vai máis alá xa que “a Feijóo escápanselle tamén os cartos”. Así disparou a débeda pública galega a límites vergoñentos, se lle escaparon os aforros das galega e galegos despois de ter investido cartos públicos nas bancas galegas. “Nós non escapamos, afrontamos os problemas con responsabilidade é compromiso, queremos dar exemplo” afirmou Luís Villares.

Temas: 

En Marea comprométese co rescate dos servizos públicos esenciais fronte as privatizacións impostas por Feijóo para agochar a súa falla de capacidade xestora

En Marea reclamou o rescate para á cidadanía dos servizos públicos de carácter esencial e de xeito especial da Sanidade pública acabando coas privatizacións de Núñez Feijóo que “con tanta intensidade están a padecer en Vigo e provincia de Pontevedra”. “Feijóo non sabía xestionar e por iso tivo que privatizar por non saber, pero nós temos homes e mulleres competentes, rebeldes competentes capaces de facelo e facelo ben.

Temas: 

Compromiso por Galicia rexeita a actitude do PP de Feijóo

Bascuas visitou este mércores a cidade de Lugo acompañado polo candidato por esta provincia, Juan Carlos Piñeiro Docampo e asegurou que coas súas afirmacións, Núñez Feijóo, pretende que non se fale da formación galeguista porque é a alternativa real ao PP: “Está claro que o rival incómodo do PP é Compromiso por Galicia. Claro que hai unha alternativa socialdemócrata, progresista e galeguista. Feijóo sábeo e por iso non lle interesa que se escoite unha mensaxe que está sendo moi ben acollida nas rúas e que se traducirá en votos o 25S”.

En Marea presenta en Ourense unha candidatura “honesta, de dignidade, decencia e solvente” fronte a “coalición sectaria de Feijóo e Baltar”

Fronte a oferta baltárica do PP, En Marea ofrece un proxecto nacional para Galicia, “un país rico coa mellor materia prima que é a súa xente obrigada a ter que deixar o noso país por parte dos seus gobernante, indignos de ocupar os cargos que ocupan”. Un país entendido na súa totalidade con solidariedade plena entre interior e costa, entre zonas máis poboadas e menos poboadas. “Non hai dereito en deixar a alguén atrás porque viva nunha aldea, ou que viva dun sector produtivo en crise, ou simplemente porque non nos voten.

Temas: 

En Marea aposta por reforzar os servizos de extinción de incendios con emprego público de calidade incidindo na prevención

Recuperar as terras agrarias, reforzar o servizo de extinción de incendios con postos de traballo públicos e de calidade, e integrar a todos os sectores nun pacto ao longo prazo en defensa do monte galego que permita defender a riqueza económica, medio ambiental e social do noso monte. Estas son as algunhas das propostas de En Marea en materia de política forestal, medio ambiente e medio rural incluídas no seu programa electoral e que presentou esta mañá no Monte Pedroso  en Santiago de Compostela.

Temas: 

Páginas