O dono do teu muro no Facebook chamase Mark Elliot Zuckerberg
Dende fai casi duas semanas Facebook mantén inabilitada a miña conta baixo a escusa de ter compartido algo inapropiado, non teño claro a que poden referirse. Teño solicitado a revisión e enviado a documentación que solicitan pero continuo coa conta «secuestrada» polo seu «dono».
Falan de liberdades como a de “pensamento ” e «opinión». Tentan convencernos de que esixte no sistema capitalista porque segundo eles un pode pensar e decir o que queira.
Pero non é así, porque ninguén te escoita e todo queda nun inútil dereito ao patalexo, ou ben a túa voz é apagada mediante a violencia das leis ou da represión do Estado, leis como a chamada “lei mordaza” que criminaliza a protesta son unha proba palpable.
Falan da “liberdade de prensa”, porque calquera millonario ou multinacional poden ter un canle de televisión ou un xornal ao seu servizo, ao servizo do pensamento único.
Ditos medios propiedade da oligarquía teñen patente de corso para mentir, difamar e ocultar a verdade. Sendo realmente ferramentas para desinformar as masas, para confundir a clase obreira.
Son moi poucos os medios de comunicación que se atreven a publicar este tipo de artículos, ou que non están ao servizo do amo que pon o diñeiro e decide la liña editorial.
É preciso que sigan existindo para poder seguir informados.
André Abeledo Fernández (Delegado da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia de A Coruña).